Radio Euskadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Radio Euskadi
Radioeuskadi.png
Área de radiodifusiónPaís Vasco País Vasco
Primeira emisión31 de marzo de 1983
Estudo de Radio Euskadi en Bilbao.

Radio Euskadi é a principal emisora de radio pertencente ao Grupo Euskal Irrati Telebista (EITB), o ente público de comunicación que depende do Goberno Vasco.

A emisora está situada en Bilbao formando parte das instalacións principais que o Grupo EITB inaugurou en abril de 2007 nos pavillóns 7 e 8 da antiga Feira de Mostras da capital biscaíña, compartindo espazo con todos os demais medios do grupo. A actual Radio Euskadi é froito da refundación que viviu en 1983, ao amparo do Estatuto de Autonomía de Gernika.

Historia[editar | editar a fonte]

O nacemento e historia de Radio Euskadi está intimamente relacionado coa historia de Euskadi Irratia, a súa emisora análoga en lingua éuscara.

Nacemento no País Vasco francés[editar | editar a fonte]

O 21 de decembro de 1946 saía ao aire desde Mouguerre, no País Vasco francés, Radio Euskadi, la Voz de la Resistencia Vasca que fora organizada e dependía do Goberno Vasco no exilio. As oficinas atopábanse en Saint-Jean-de-Luz e a súa programación, en onda curta, estaba dedicada á loita contra a ditadura de Franco polo que se facía fincapé nas datas especiais, como a do Aberri Eguna. Tamén se adoitaba utilizar para interferir as emisoras do réxime no País Vasco.

As presións do goberno español sobre o francés levaron ao peche das instalacións en agosto de 1954. Esta primeira etapa de Radio Euskadi estivo impulsada por Joseba Rezola.

Dende Venezuela[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 1965 comezan as emisións desde Venezuela. Emitíase desde os estudos El Paraíso en Caracas aínda que o emisor estaba en plena selva. Este emprazamento gardouse en segredo ata 1971, descuberto por ETA que tentou utilizar a emisora para os seus fins. A emisora de Venezuela pechouse o 30 de abril de 1977.

Actual etapa[editar | editar a fonte]

Ao amparo do Estatuto de Autonomía de Gernika, o Goberno Vasco crea un Ente Público de Radio e Televisión. O embrión deste organismo sería Radio Vitoria, emisora que se comprou en 1981.

A actual Radio Euskadi saíu ao aire o 31 de marzo de 1983 en FM. Na década dos 90 comezou a emitir tamén en onda curta e no 2000 comezaron a emisións vía satélite. Desde o 2003 ten presenza na internet a través do portal eitb.com.

O 23 de xuño de 2007 Radio Euskadi cambia de sede e inaugura novas instalacións nos locais da antiga Feira de Mostras Internacional de Bilbao. En concreto, ocupa parte do pavillón 8 da antiga feira -o edificio BAMI- compartindo localización coas outras sociedades do grupo EITB. Nestas novas instalacións, que incorporan tecnoloxía dixital, deuse o paso decisivo ao traballo con sistemas de servidores informáticos. As instalacións, integradas nun espazo de máis de 8.000 m², constan de seis estudos de diferentes dimensións, un deles con capacidade para admitir público e emitir actuacións musicais en directo, e de varias salas de edición e preparación de programas.

O 31 de decembro de 2008 a sede do Grupo EITB en Bilbao, onde está situada Radio Euskadi, sofre ás 11 da mañá un atentado mediante unha furgoneta cargada cunha bomba. Unha hora antes da detonación, un comunicante en nome de ETA dá aviso da mesma aos bombeiros de Bilbao.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]