Eduardo Frei Montalva
Eduardo Frei Montalva | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Chile | |
Período | 3 de novembro de 1964 - 3 de novembro de 1970 |
Antecesor | Jorge Alessandri Rodríguez |
Sucesor | Salvador Allende Gossens |
Datos persoais | |
Nacemento | 16 de xaneiro de 1911 e 1911 |
Santiago de Chile | |
Falecemento | 22 de xaneiro de 1982 e 1982 |
Santiago de Chile | |
Organización | Partido Demócrata Cristián |
Cónxuxe | María Ruiz-Tagle Jiménez |
Fillos | Eduardo Frei Ruiz-Tagle e Carmen Frei |
Alma máter | Pontificia Universidade Católica de Chile e Instituto de Humanidades "Luis Campino" |
Profesión | avogado, xornalista e político |
Relixión | catolicismo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eduardo Nicanor Frei Montalva, nado en 1911 e finado en 1982), foi un avogado, xornalista e político, foi presidente do Chile de 1964 ata 1970. Foi sucedido por Salvador Allende, do cal foi opositor. De pai suízo e membro destacado da familia Frei, seu fillo máis vello, Eduardo Frei Ruiz-Tagle, tamén foi presidente de Chile, entre 1994 e 2000.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas filas do dereitista Partido Conservador e graduado na Pontificia Universidade Católica de Chile, foi un dos fundadores de Falanxe Nacional, unha escisión do conservadorismo que propoñía os postulados da Doutrina Social da Igrexa e o humanismo cristián. Tras participar no gabinete ministerial do presidente radical Juan Antonio Ríos, foi electo senador da República entre 1949 e 1959 polas provincias de Atacama e Coquimbo, sendo reelecto para o período entre 1957 e 1965 pola provincia de Santiago.
En 1957, Frei participa na reforma de Falanxe Nacional que dá vida ao Partido Demócrata Cristián de Chile, o cal o proclama como o seu candidato para as eleccións presidenciais de 1958. Aínda que é derrotado por Jorge Alessandri e Salvador Allende, obtén un auspicioso 20,75% que eleva as súas posibilidades para as eleccións presidenciais de 1964, onde novamente é presentado como candidato. En ditas eleccións é apoiado implicitamente por gran parte da dereita para impedir a vitoria de Allende, obtendo un histórico 56,08% dos votos.
Foi presidente de Chile entre 1964 e 1970. No seu goberno intentou realizar a denominada Revolución en liberdade como contraparte á polarización existente en plena guerra fría. Dentro das súas principais accións estivo o inicio do proceso de chilenización do cobre, a reforma agraria, a ampliación da educación obrigatoria a 8 anos e a introdución da educación preescolar, a reforma do sistema de saúde e o establecemento de políticas sobre vivenda a través da creación do Ministerio de Vivenda e Urbanismo.
Tras a fin do seu mandato, converteuse nun dos principais opositores do goberno da Unidade Popular liderada por Allende, asumindo a Presidencia do Senado tras as eleccións parlamentarias de 1973, onde obtivo un escano novamente por Santiago, cargo que desempeñou até a disolución do Congreso tras o golpe de estado do 11 de setembro de 1973. Durante o réxime militar, e tras un inicial apoio ao golpe, volveuse nunha das principais figuras da oposición contra a ditadura de Augusto Pinochet, sendo o único permitido a realizar unha manifestación contraria á aprobación da Constitución de 1980.
En 1982, Eduardo Frei Montalva faleceu tras unha cirurxía dixestiva por unha hernia de hiato. Aínda que nun inicio oficialmente a súa morte explicouse como resultado dun shock séptico tras a operación, derivado de complicacións na mesma, durante o regreso á democracia iniciouse unha investigación xudicial, tras a cal en decembro de 2009 cualificouse como homicidio, procesándose a seis persoas como presuntos autores e partícipes de dito delito.
Presidente de Chile | ||
---|---|---|
Segue a: Jorge Alessandri Rodríguez |
Eduardo Frei Montalva | Precede a: Salvador Allende Gossens |
Partido Demócrata Cristán de Chile |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Frei Montalva ![]() |