Conversa usuario:Ricardo.Pazos.

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Ricardo.Pazos.!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 10 de maio de 2022 ás 14:54 (UTC)[responder]

Cantodarea[editar a fonte]

Ola, Ricardo. Segundo o Nomenclátor de Galicia (Nomenclátor) Cantodarea non é unha parroquia civil, e na web da arquidiocese de Santiago de Compostela (https://parroquias.archicompostela.es) Cantodarea non aparece como parroquia relixiosa. Xa que logo, Cantodarea non é unha parroquia nin a efectos civís nin relixiosos segundo as fontes oficiais. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xullo de 2022 ás 13:59 (UTC)[responder]

Grazas por a resposta. Eu pensaba que Cantodarea era unha parroquia debido ao mapa do que falei no comentario. Agora só teño unha duda,Que é Cantodarea?

Unha rexión na parroquia de San Xulian de Marín? Ricardo.Pazos. (conversa) 7 de xullo de 2022 ás 15:02 (UTC)[responder]

A nivel administrativo non ten recoñecemento ningún; é un barrio urbano, como poden ser A Cañota, Pitanxo ou A Almuíña, ou como poden ser en Pontevedra As Corvaceiras, A Moureira, A Parda, Os Salgueiriños etc. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xullo de 2022 ás 15:47 (UTC)[responder]

Céltica Artecultura[editar a fonte]

Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Non é correcto que edites sobre un proxecto que dirixes (iso é o que indica aquí Ángel García Carragal). Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 9 de xullo de 2022 ás 15:31 (UTC)[responder]

Grazas por a resposta rapida, eu decidín crear a paxina basandome en outras similares que vin na Galipedia(De proxectos personais ou de centros similares) Se e necesario borren a paxina, de todos modos isto só era unha proba para ver que pasaba. Ricardo.Pazos. (conversa) 9 de xullo de 2022 ás 15:36 (UTC)[responder]