Servizo Galego de Saúde
| Servizo Galego de Saúde | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Parte de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Matriz
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Substitúe a
| |
| Localización | |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia que está a cargo da asistencia sanitaria pública.
Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.
Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.
Estrutura actual
[editar | editar a fonte]Estrutura dos servizos centrais
[editar | editar a fonte]Órganos centrais de dirección[1]. Que se dividen en órganos unipersoais e órganos colexiados:
Órganos unipersoais
[editar | editar a fonte]- Presidencia: que exerce a persoa titular da conselleira de Sanidade.
- Xerencia.
- Tres Direccións xerais:
- Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas.
- Dirección Xeral de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do Sergas, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais.
- Dirección Xeral de Recursos Humanos: responsable do persoal do Sergas.
Órganos colexiados
[editar | editar a fonte]Os órganos colexiados de dirección son o consello de dirección e o comité executivo:
O Consello de Dirección é o órgano de administración do SERGAS e está integrado polos seguintes membros:
- A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.
- A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Consello.
- A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.
- As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.
- As persoas titulares das xerencias das estruturas de xestión integrada.
O Comité Executivo do SERGAS está integrado polos seguintes membros:
- A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.
- A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Comité.
- A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.
- As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.
Organización territorial do SERGAS
[editar | editar a fonte]A distribución territorial do Sergas confórmase con 7 áreas sanitarias, que se dividen salvo no caso das áreas de Vigo e Ferrol en distritos:
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
[editar | editar a fonte]Abrangue, aproximadamente, as comarcas de Santiago, Barbanza, Ordes, Noia, Arzúa, Sar, Muros, Melide, Barcala e Deza e conta cos seguintes recursos:
Centros de Atención Especializada
[editar | editar a fonte]


- Hospital Clínico Universitario de Santiago
- Hospital Gil Casares
- Hospital Psiquiátrico de Conxo
- Hospital Médico Cirúrxico de Conxo
- Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal
No distrito de Barbanza:
- Hospital de Barbanza
Centros de Atención Primaria
[editar | editar a fonte]Constituído por:
- 75 centros de Atención Primaria.
- 18 puntos de atención continuada (PAC)
Área Sanitaria da Coruña
[editar | editar a fonte]A área sanitaria da Coruña abrangue as comarcas de Fisterra, Terra de Soneira, Bergantiños, A Coruña e Betanzos[2].

(Antigo Juan Canalejo).
Atención especializada
[editar | editar a fonte]Conta cos seguintes centros.[3]
Hospitais:
- Hospital Universitario da Coruña
- Hospital Marítimo de Oza
- Hospital Abente y Lago
- Hospital Teresa Herrera
No distrito de Cee:
- Hospital Nosa Señora da Xunqueira de Cee
Centros de especialidades:
- Centro de Especialidades do Ventorrillo
- Centro de Especialidades de Carballo
- Centro de Especialidades de Betanzos
Atención primaria
[editar | editar a fonte]- 71 centros de saúde.
- 13 Puntos de Atención Continuada.
Área Sanitaria de Ferrol
[editar | editar a fonte]
Abrangue as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Centros de atención especializada
[editar | editar a fonte]Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF)
- Hospital Arquitecto Marcide
- Hospital Profesor Novoa Santos
- Hospital Naval
Atención primaria
[editar | editar a fonte]- 28 centros de saúde.
Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos[4]
[editar | editar a fonte]Esta área sanitaria abrangue a totalidade da provincia de Lugo.

Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
- Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
- Hospital Xeral de Lugo (centro de día)
- Hospital de Calde (psiquiátrico)
- Hospital Provincial San José
- Centro de Especialidades Praza do Ferrol
No distrito de Monforte:
- Hospital Comarcal de Monforte
No distrito de Burela:
- Hospital da Costa en Burela
Área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras
[editar | editar a fonte]Esta área abrangue a totalidade da provincia de Ourense.
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)
- Hospital Nosa Señora do Cristal
- Hospital Santa María Nai
- Hospital Santo Cristo de Piñor
- Hospital Materno-Infantil Infanta Elena.
- Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás
- Centro de Especialidades Rúa do Concello
No distrito de Valdeorras:
- Hospital Comarcal de Valdeorras
No distrito de Verín:
- Hospital de Verín
Área sanitaria de Pontevedra e o Salnés
[editar | editar a fonte]Abrangue as comarcas de Pontevedra, Salnés, Caldas e os concellos de Forcarei, Marín e Bueu[5].
Atención especializada
[editar | editar a fonte]Hospitais:
En Vilagarcía de Arousa:
- Hospital Público do Salnés.
Centros de especialidades:
- Centro de Especialidades Mollavao (Pontevedra).
Atención primaria
[editar | editar a fonte]- 40 centros de saúde.
- 11 Puntos de atención continuada.
Área sanitaria de Vigo
[editar | editar a fonte]
Esta área[6] abrangue o sur da provincia de Pontevedra, todo o que non está incluído na A.S. de Pontevedra-Salnés.
Atención especializada
[editar | editar a fonte]Hospitais:
- Hospital do Meixoeiro
- Hospital Nicolás Peña (antigo Hospital Municipal)
- Hospital Álvaro Cunqueiro

Como caso único na estrutura do SERGAS, dispón tamén de convenio cun hospital privado[7]:
- Hospital POVISA (Vigo).
Un dispositivo que combina centro de saúde, PAC e centro de especializades:
- Centro integral de saúde Taboada Leal
Atención primaria[8]
[editar | editar a fonte]- 53 centros de saúde.
- 10 Puntos de Atención Continuada.
Outros servizos
[editar | editar a fonte]Organismos adscritos
[editar | editar a fonte]Organizacións públicas adscritas:
- Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
- Galaria, Instituto Galego de Medicina Técnica (antigo Medtec).
- Fundación Galega de Medicina Xenómica.
- Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía.
- Centro de Transfusión de Galicia.
- 061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.
Outros
[editar | editar a fonte]Outros hospitais privados con acordos puntuais co Sergas son:
- Centro Médico El Carmen (Ourense).
- Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña).
- Instituto Médico-Cirúrgico San Rafael (A Coruña).
- Hospital Cosaga (Ourense).
- Hospital HM La Esperanza (Santiago de Compostela).
- Hospital HM La Rosaleda (Santiago de Compostela).
- Hospital HM Modelo (A Coruña)
- Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra).
- Hospital Vithas Vigo.
- Hospital QuirónSalud (Pontevedra).
- Hospital QuirónSalud (A Coruña).
- Hospital Xeneral Juan Cardona (Ferrol).
- Policlínico de Lugo (Lugo).
- Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Servizo Galego de Saúde |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Servizo Galego de Saúde
- Páxina web do Complexo Hospitalario da Coruña Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
- POVISA