Servizo Galego de Saúde
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Servizo Galego de Saúde | |
---|---|
Tipo | axencia gobernamental |
Data de fundación | 1989 |
Organización matriz | Xunta de Galicia |
Organización subsidiaria | Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Hospital Xeral de Vigo, Hospital Architect Marcide-Novoa Santos, Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e Hospital Gran Montecelo |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.sergas.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia que está a cargo da asistencia sanitaria pública.
Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.
Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.
Estrutura actual
[editar | editar a fonte]Estrutura dos servizos centrais
[editar | editar a fonte]No 2010 a estrutura do Sergas definida polo Decreto 132/2009 era a seguinte:
- Presidencia: a conselleira de Sanidade.
- Xerencia.
- Tres Direccións xerais:
- Dirección de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas.
- Dirección de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do Sergas, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais.
- Dirección de Recursos Humanos: responsable do persoal do Sergas.
Centros sanitarios do Sergas
[editar | editar a fonte]Listaxe de hospitais e outros centros que conforman o Servizo Galego de Saúde:
Provincia da Coruña
[editar | editar a fonte]Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)
- Hospital Clínico Universitario
- Hospital Gil Casares
- Hospital Psiquiátrico de Conxo
- Hospital Médico Cirúrxico de Conxo
- Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC)
- Hospital A Coruña
- Hotel de pacientes (anexo ao Hospital A Coruña)
- Sanatorio Marítimo de Oza
- Hospital Abente y Lago
- Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera
- Centro de Especialidades Ventorrillo
- Centro de Especialidades de Carballo
- Centro de Especialidades Abente y Lago
- Centro de Especialidades de Betanzos
- Centro de Orientación Familiar
Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF)
- Hospital Arquitecto Marcide
- Hospital Profesor Novoa Santos
- Hospital Naval
Hospital Virxe da Xunqueira (Cee)
Provincia de Lugo
[editar | editar a fonte]Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
- Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
- Hospital Xeral de Lugo (centro de día)
- Hospital de Calde (psiquiátrico)
- Hospital Provincial San José
- Centro de Especialidades Praza do Ferrol
Hospital Comarcal de Monforte
Hospital da Costa en Burela
Provincia de Ourense
[editar | editar a fonte]Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)
- Hospital Nosa Señora do Cristal
- Hospital Santa María Nai
- Hospital Santo Cristo de Piñor
- Hospital Materno-Infantil Infanta Elena.
- Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás
- Centro de Especialidades Rúa do Concello
Hospital Comarcal de Valdeorras
Hospital de Verín
Provincia de Pontevedra
[editar | editar a fonte]Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP)
- Hospital Gran Montecelo.
- Hospital Provincial de Pontevedra.
- Hospital Montecelo.
- Centro de Especialidades Mollavao (Pontevedra).
- Centro de Especialidades Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa.
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)
- Anexo II da rúa Pizarro
- Hospital do Meixoeiro
- Hospital Nicolás Peña (antigo Hospital Municipal)
- Centro de especialidades da Doblada
- Hospital Álvaro Cunqueiro
Hospital Comarcal do Salnés en Vilagarcía de Arousa
Centro de Especialidades de Lalín
Outros servizos
[editar | editar a fonte]Outras unidades de carácter público que apoian a prestación de servizos especializados da rede hospitalaria galega son:
- Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec, agora chamada Galaria).
- Fundación Galega de Medicina Xenómica.
- Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía.
- Centro de Transfusión de Galicia.
- 061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.
Outros hospitais privados con concertos co Sergas son:
- Centro Médico El Carmen (Ourense).
- Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña).
- Instituto Médico-Cirúrgico San Rafael (A Coruña).
- Hospital Cosaga (Ourense).
- Hospital HM La Esperanza (Santiago de Compostela).
- Hospital HM La Rosaleda (Santiago de Compostela).
- Hospital HM Modelo (A Coruña)
- Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra).
- Hospital Nosa Señora de Fátima (Vigo).
- Hospital QuirónSalud (Pontevedra).
- Hospital QuirónSalud (A Coruña).
- Hospital POVISA (Vigo).
- Hospital Xeneral Juan Cardona (Ferrol).
- Policlínico de Lugo (Lugo).
- Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Servizo Galego de Saúde |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Servizo Galego de Saúde
- Páxina web do Complexo Hospitalario da Coruña Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine.