Club Joventut de Badalona
Club Joventut de Badalona | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1930 |
Historia | Penya Spirit (1930-1932) Centre Esportiu (1932-1939) |
Cores | Verde, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Vestimenta | Spalding |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Palau Olímpic |
Capacidade | 12.500 |
Inauguración | 17 de setembro de 1991 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1994) |
Eurocup | 1 (2008) |
Copa Korać | 2 (1981, 1990) |
EuroChallenge | 1 (2006) |
Liga | 4 (1967, 1978, 1991, 1992) |
Copa | 8 (1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008) |
Príncipe | 3 (1987, 1989, 1991) |
penya.com |
O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona (Cataluña) fundado en 1930. Coñecido polos seus afeccionados como La Penya é, xunto co Real Madrid e o CB Estudiantes, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. O Joventut está considerado como un dos clubs de baloncesto máis prestixiosos de Europa. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać e catro Ligas, dúas delas logradas na actual etapa ACB.
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12.500 espectadores. O seu actual presidente é o carismático ex xogador do club Jordi Villacampa.
Historia[editar | editar a fonte]

Badalona ten equipo de baloncesto dende o 30 de marzo de 1930, cando o Joventut foi fundado como "Penya Spirit of Badalona", na honra do Spirit of Saint Louis, primeiro avión en cruzar o Atlántico . Ademais de baloncesto, o club formábano inicialmente equipos que participan en varios deportes, como ciclismo, tenis de mesa e fútbol. En 1932, o club cambiou o seu nome polo de "Centre Esportiu Badaloní". Finalmente, en 1939, converteuse no Club Joventut de Badalona. En 1940, o baloncesto foi establecido como deporte principal do club e o verde e o negro foron adoptados como as cores do equipo.
Entre os anos 1950 e 1970 o club tivo unha gran rivalidade co Real Madrid e cos equipos veciños, xogando encontros memorables. Durante os anos 1980, 1990 e 2000, o Joventut tivo os seus mellores ano da súa historia. Hoxe en día, o nome do club por motivos de patrocinio é FIATC Joventut, debido á compañía de seguros española FIATC Mutua Seguros. Na actualidade, o club de baloncesto de Badalona está a volver a gañar títulos despois dunha época en baleiro.
O Joventut de Badalona é un dos tres únicos tres, xunto co CB Estudiantes e Real Madrid que xogou tódolos anos na máxima categoría da liga española. Ademais, o Joventut está considerado un dos equipos con mellor canteira de Europa, a "Escola de Bàsquet", fundada en 1973 e considerada a máis prestixiosa xunto de Europa á do Partizan. É quizais tamén o club de baloncesto máis importante de España, xa que o FC Barcelona e Real Madrid son os equipos que dependen en gran medida das súas seccións de fútbol, a diferenza dos de Badalona. Xogadores como os irmáns Jofresa, Jordi Villacampa, Rudy Fernández ou Ricky Rubio proveñen das categoría inferiores do Joventut.
O Joventut de Badalona tamén foi o primeiro equipo catalán que conseguiu gañar un título da Euroliga. Isto sucedeu en 1994, tras gañar por tan só dous puntos (59-57) ao Olympiacos grego en Tel Aviv (Israel). En 2006, gañou o campionato da FIBA EuroChallenge, e en 2008 a Copa ULEB. O Joventut tamén gañou dous campionatos da Copa Korać, nos anos 1981 e 1990. Dende o ano 1992 xoga no Pavelló Olímpic de Badalona.
Nomes comerciais[editar | editar a fonte]

O Club Joventut de Badalona recibiu diversos nomes comerciais ao longo da súa historia, en función do interese do patrocinador de cada momento. Estas son as denominacións que tivo o primeiro equipo verdinegro:
Pavillón[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Pavelló Olímpic de Badalona.
O Joventut xoga so seus encontros como local no "Pavilló Olímpic de Badalona" (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como "Palau Municipal d'Esports de Badalona" (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona). Foi construída como instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para albergar a competición de baloncesto. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto e ten capacidade para 12.500 espectadores.

Ademais do Pavelló Olímpic, o Joventut dispotou os seus encontros como local en múltiples recintos, non sendo até 1962 cando pasaron a xogar no "Pavelló de la Plana", un pavillón cuberto.[1]
|
|
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
Club Joventut de Badalona 2019−2020 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados[editar | editar a fonte]
O Joventut retirou tres dorsais na honra dalgúns dos seus xogadores ao longo da súa historia. O 5 foi retirado por mor de Rafa Jofresa, un base que chegou a xogar vinte e un anos na máxima categoría do baloncesto español, con todo, este número tamén foi levado entre 2001–2008 por Rudy Fernández. O número 7 foi retirado na honra de Josep Maria Margall, un aleiro alcumado "Matraco" que xogou dezaoito tempadas cos verdinegros e finalmente, o número 8, retirouse en homenaxe a Jordi Villacampa, un dos xogadores máis emblemáticos da historia do club e actual presidente do mesmo.
Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
---|---|---|---|
5 | Rafa Jofresa | B | 1983-96 |
7 | Josep Maria Margall | A | 1972-90 |
8 | Jordi Villacampa | A | 1980-97 |
Galardóns individuais[editar | editar a fonte]
Xogador máis valioso das finais da ACB
Xogador máis valioso da Copa do Rei
|
|
Adestradores[editar | editar a fonte]
A seguinte relación detalla cronoloxicamente a tódolos adestradores que tivo o Club Joventut de Badalona.[2] Se figura máis dun adestrador por tempada significa que o primeiro foi substituído polo seguinte.

|
|
Presidentes[editar | editar a fonte]
- Antoni Mas Vilalta
- Lluis Conesa Espín
- Jordi Parra
- Genís Llamas
- Jordi Villacampa
Palmarés[editar | editar a fonte]
Nacional[editar | editar a fonte]
- Ligas Nacional de Baloncesto: 2
- Liga ACB: 2
- Copas do Rei: 8
- Copa Príncipe: 3
- Supercopa de España: 2
- Lliga Catalana: 11
Internacional[editar | editar a fonte]
- Euroliga: 1
- 1994.
- Copa Korać: 2
- Copa da ULEB: 1
- 2008.
- FIBA EuroCup: 1
- 2006.
Historial[editar | editar a fonte]
Liga[editar | editar a fonte]
|
|
|
Copa do Rei[editar | editar a fonte]
- 1947-1948. Campión, contra o Real Madrid (41-32) en Burgos.
- 1949-1950. Subcampión, contra o F.C. Barcelona (46-39) en Barcelona.
- 1951-1952. Subcampión, contra o Real Madrid (43-41) en Alacant.
- 1952-1953. Campión, contra o Real Madrid (41-39) en Valladolid.
- 1953-1954. Subcampión, contra o Real Madrid (56-41) en Madrid.
- 1954-1955. Campión, contra o Real Madrid (59-44) en Barcelona.
- 1957-1958. Campión, contra o Real Madrid (74-69) en Zaragoza.
- 1965-1966. Subcampión, contra o Real Madrid (62-61) en Terrassa.
- 1967-1968. Subcampión, contra o Picadero J.C. (58-55) en Xixón.
- 1968-1969. Campión, contra o Real Madrid ( 82-81) en Ourense.
- 1969-1970. Subcampión, contra o Real Madrid (102-90) en León.
- 1970-1971. Subcampión, contra o Real Madrid (72-63) en Vitoria.
- 1971-1972. Subcampión, contra o Real Madrid (92-77) na Coruña.
- 1973-1974. Subcampión, contra o Real Madrid (87-85) en Alacant.
- 1975-1976. Campión, contra o Real Madrid (99-88) en Cartagena.
- 1984-1985. Subcampión, contra o Real Madrid (90-76) en Badalona.
- 1985-1986. Subcampión, contra o Real Madrid (87-79) en Barcelona.
- 1986-1987. Subcampión, contra o F.C. Barcelona (112-102) en Tenerife.
- 1989-1990. Subcampión, contra o CAI Zaragoza (76-69) en As Palmas.
- 1992-1993. Subcampión, contra o Real Madrid (74-71) na Coruña.
- 1996-1997. Campión, contra o Cáceres C.B. (79-71) en León.
- 1997-1998. Subcampión, contra o Pamesa Valencia (89-75) en Valladolid.
- 2003-2004. Subcampión, contra o Tau Cerámica (81-77) en Sevilla.
- 2007-2008. Campión, contra o Tau Cerámica (82-80) en Vitoria.
Copa do Príncipe[editar | editar a fonte]
- 1986-1987. Campión, contra o TDK Manresa (99-80) en Vigo.
- 1988-1989. Campión, contra o F.C. Barcelona (84-80) na Coruña.
- 1990-1991. Campión, contra o Fórum Valladolid (72-52) na Coruña.
Supercopa de España[editar | editar a fonte]
- 1985-1986. Campión, contra o Real Madrid (104-91) en Valladolid.
- 1986-1987. Campión, contra o Real Madrid (74-67).
Competicións Europeas[editar | editar a fonte]
- 1967-1968. Copa de Europa: Eliminado na liguiña de cuartos de final.
- 1978-1979. Copa de Europa: Eliminado na liguiña de semifinais.
- 1980-1981. Copa Korać: Campión, contra o Carreira Venecia (105-104) en Barcelona.
- 1985-1986. Recopa de Europa: Eliminado en semifinais.
- 1986-1987. Recopa de Europa: Eliminado na liguiña de cuartos de final.
- 1987-1988. Recopa de Europa: Subcampión, contra o CSP Limoges (96-89) en Grenoble.
- 1988-1989. Copa Korać: Eliminado na liguiña de cuartos de final.
- 1989-1990. Copa Korać: Campión, contra o Scavolini Pesaro.
- 1990-1991. Copa Korać: Eliminado en semifinais.
- 1991-1992. Liga Europea: Subcampión, contra o Partizan Beograd (71-70) en Istambul.
- 1992-1993. Liga Europea: Eliminado na liguiña de oitavos de final.
- 1993-1994. Liga Europea: Campión, contra o Olympiakos (59-57) en Tel Aviv.
- 1994-1995. Liga Europea: Eliminado na liguiña de oitavos de final.
- 1997-1998. Recopa de Europa: Eliminado en oitavos de final.
- 1998-1999. Copa Saporta (Recopa): Eliminado en cuartos de final.
- 2002-2003. Copa da ULEB: Eliminado en semifinais.
- 2003-2004. Copa da ULEB: Eliminado en cuartos de final.
- 2004-2005. Copa da ULEB: Eliminado en oitavos de final.
- 2005-2006. Eurocopa da FIBA: Campión, contra o Khimki Moscova (88-63) en Kiev.
- 2006-2007. Euroliga: Eliminado no Top 16.
- 2007-2008. Copa da ULEB: Campión, contra o Akasvayu Girona (79-54) en Turín.
- 2008-2009. Euroliga: Eliminado na liguiña.
- 2009-2010. Eurocup: Eliminado no Top 16.
Finais da Euroliga[editar | editar a fonte]
O "Montigalà Joventut" presentouse na final four de Istambul 1992 como o mellor equipo europeo do momento e no partido de semifinais desfíxose do Estudiantes con facilidade. Na gran final esperaba o belgradino K.K. Partizan, dirixido por Željko Obradović e liderado polo talento de Predrag Danilović e Aleksandar Đorđević. A poucos segundos do final, a base Tomás Jofresa logrou unha canastra que puña dous puntos arriba ao conxunto verdinegro. A vitoria final estaba moi preto para os de Badalona, pero apareceu Đorđević. A base rival cruzou toda a cancha e lanzou un decisivo triplo que entrou cun pouco de sorte. O Partizan colocábase cun punto de vantaxe e xa non houbo tempo para que o Joventut puidese contraatacar dunha forma organizada. A decepción foi grande, pois os cataláns eran os máximos favoritos para conquistar a Liga Europea, pero dous anos despois quedou esquecida.
En 1994, o Joventut de Obradović, o mesmo adestrador que lles arrebatou a copa en Istambul, fíxose co título en Tel Aviv ao lograr o máximo título europeo, cunha tripla de Corny Thompson nos últimos instantes da final. Os badaloneses venceron en semifinais ao F.C. Barcelona e na final ao Olympiakos e, deste xeito, o Joventut logrou converterse no primeiro club catalán en conseguilo.
Outras Competicións[editar | editar a fonte]
- Open McDonald's. Subcampión en:
- 1991-1992, contra Los Angeles Lakers (116-114) en París.
Uniforme[editar | editar a fonte]
O camiseta de xogo do Joventut sempre foi verde cunha banda horizontal negra ao redor do peito e os pantalóns tradicionalmente negros, coa excepción dalgúns anos que tamén foron de cor verde. Tradicionalmente a roupa de visitante foi de cor branca, e ademais na tempada 2008-09 foi estreada unha camiseta alternativa de cor prata. Como curiosidade, as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "As pistas". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010.
- ↑ "Cadros de xogadores do Joventut". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010.