Henry Ellenson
Joventut Badalona – No. 11 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1997 (26 anos)![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Rice Lake (Wisconsin) |
Universidade | Marquette (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 18 Por Detroit Pistons |
Carreira | 2016−presente |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2016–2019) → Grand Rapids Drive (2016–2019) New York Knicks (2019) Brooklyn Nets (2019–2020) → Long Island Nets (2019) Raptors 905 (2020–2021) Toronto Raptors (2021) Obradoiro (2021–2022) Joventut Badalona (2022–presente) |
Henry John Ellenson, nado o 13 de xaneiro de 1997 en Rice Lake, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2016, Ellenson foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Detroit Pistons.[1] O 19 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Pistons.[2] Debutou na NBA o 26 de outubro de 2016, capturando dous rebotes en dous minutos na derrota dos Pistons por 109–91 contra os Toronto Raptors.[3] Durante a súa primeira tempada na NBA, Ellenson foi asignado en varias ocasións ós Grand Rapids Drive, afiliado dos Pistons na NBA D-League.[4] O 9 de febreiro de 2019, Ellenson foi cortado polos Pistons.[5]
O 20 de febreiro de 2019, Ellenson asinou un contrato de dez días cos New York Knicks.[6] Tras varios encontros con boa aportación ó equipo, asinou cos Knicks ata final de tempada.[7]
O 17 de xullo de 2019, Ellenson asinou cos Brooklyn Nets.[8] Tras participar en cinco partidos, os Nets rescindiron o contrato de Ellenson.[9]
O 26 de novembro de 2020, Ellenson asinou un contrato cos Toronto Raptors.[10] O 19 de decembro de 2020, foi cortado polos Raptors.[11] O 10 de marzo de 2021, tras pasar polos Raptors 905, afiliado de Toronto na NBA G League, Ellenson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.[12]
O 13 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Ellenson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[13]
O 7 de xullo de 2022, Ellenson asinou por unha tempada co Joventut Badalona da Liga ACB.[14]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Detroit Pistons Select Henry Ellenson with the 18th Pick in the 2016 NBA Draft". NBA.com. 24 de xuño de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016.
- ↑ "Detroit Pistons Sign First-Round Pick Henry Ellenson". NBA.com. 19 de xullo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016.
- ↑ "DeRozan's 40 leads Raptors to 109-91 win over Pistons". ESPN.com. 26 de outubro de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2016.
- ↑ "2016-17 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2016.
- ↑ "Detroit Pistons sign free-agent guard Wayne Ellington". NBA.com. 9 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
- ↑ "New York Knicks Sign Henry Ellenson to 10-Day Contract". NBA.com. 20 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "New York Knicks Sign Henry Ellenson". NBA.com. 2 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Henry Ellenson to Two-way Contract". NBA.com. 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets Waive Henry Ellenson". NBA.com. 3 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2020.
- ↑ Irving, Kyle (27 de novembro de 2020). "Report: Toronto Raptors add Henry Ellenson, Yuta Watanabe and Alize Johnson to training camp roster". NBA.ca. Consultado o 28 de novembro de 2020.
- ↑ "Raptors waive Brissett, Ellenson, Johnson ahead of regular season". Sportsnet. 19 de decembro de 2020.
- ↑ Jamshidi, Soheil (10 de marzo de 2021). "Raptors Sign Ellenson to a 10-day contract". NBA.com. Consultado o 10 de marzo de 2021.
- ↑ "O Monbus Obradoiro ficha a Henry Ellenson". Obradoirocab.com. 13 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2021. Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "Henry Ellenson signs with Joventut Badalona". Sportando. 7 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 13 de xullo de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1997
- Nados en Wisconsin
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores do Obradoiro CAB
- Xogadores do Joventut Badalona