Albert Ventura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albert Ventura
Río Breogán  – No. 14
Información persoal
Nacemento 7 de abril de 1992 (32 anos)
España Badalona, España
Altura 1,92 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Escolta
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Canteira Joventut Badalona
Internacional 1 vez
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
CB Prat (2010–2012)
Joventut Badalona (2011−2023)
Río Breogán (2023−presente)

Albert Ventura Pedreño, nado o 7 de abril de 1992 en Badalona, é un xogador español de baloncesto internacional profesional. Formado nas categorías inferiores do Joventut Badalona, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,92 m, xoga na posición de escolta.[2] É o terceiro xogador do Joventut con máis partidos disputados na ACB despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Badalona, Albert Ventura comezou xogando no colexio AE Minguella. Nun partido contra o Joventut, o principal equipo da súa cidade natal, o equipo fixouse nel e fichouno para ás súas categorías inferiores. Despois de xogar no CB Prat, filial do primeiro equipo, en LEB Prata, debuta na Liga ACB o 27 de marzo de 2011 ante o Meridiano Alicante.[3] No ano 2012 sube definitivamente ao primeiro equipo, onde acaba por converterse no capitán e no terceiro xogador do club con máis xogos disputados despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa. O 25 de xullo de 2023, despois de trece temporadas no club catalán, anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, Ventura ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Albert Ventura únese ao Río Breogán". CB Breogán. 25 de xullo de 2023. Consultado o 25 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Albert Ventura, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2023. 
  3. "Robinson sella a un segundo del final la victoria del DKV Joventut (75-73)". acb.com (en castelán). 27 de marzo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]