Diego Ocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Ocampo
Ocampo Penya - unniks.jpg
Fraport Skyliners
Información persoal
Nacemento 9 de xaneiro de 1976 (46 anos)
Galicia Ourense, Galiza
Posición Adestrador
Historial de equipos
Adestrador:
CB Tarragona (2005–2007) LEB
UCAM Murcia (2014−2015) ACB
CB Estudiantes (2015–2016) ACB
Joventut Badalona (2017–2018) ACB
ICL Manresa (2018) ACB
FC Barcelona B (2018–2020) LEB
Casademont Zaragoza (2020) ACB
Fraport Skyliners (2021− ) BBL

Diego Ocampo, nado en Ourense o 9 de xaneiro de 1976, é un adestrador galego de baloncesto. Dende 2021 adestra o Fraport Skyliners da Basketball Bundesliga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ocampo iniciou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do AB Ourense e a súa primeira experiencia como profesional foi na liga LEB 1 como axudante do Club Ourense Baloncesto. Alí permaneceu dúas tempadas ata que na 2004-05 marchou como segundo adestrador de Salva Maldonado ao CB Tarragona. Tras a destitución de Maldonado, o técnico ourensán fíxose cargo do equipo durante dúas tempadas máis, chegando a clasificar ao club catalán por primeira e única vez na súa historia para os 'play-offs' de ascenso á liga ACB.

Finalizado o seu periplo en Tarragona, deu o salto á máxima categoría para acompañar a Pedro Martínez ao ambicioso proxecto do Akasvayu Girona. Un ano despois, marcharía ao club no que máis tempo permaneceu, o Cajasol Sevilla. Aterrou na capital hispalense na tempada 2008-09 como adestrador axudante e a súa relación co club sevillano prolongouse durante seis campañas. Nese período, Ocampo tivo a oportunidade de traballar como axudante de Pedro Martínez Sánchez, Joan Plaza e Aíto García Reneses. No verán de 2014 asinou contrato co club UCAM Murcia CB para exercer como primeiro adestrador por unha campaña, en substitución de Marcelo Nicola. Con el ao mando, o equipo conseguiu realizar a mellor tempada da historia do club en ACB para finalizar cunha marca de 17-17 en liga regular e pelexando até as últimas xornadas por entrar en playoff. O club non lle ofreceu a renovación ao termo da tempada.

O 15 de xullo de 2015 foi presentado como novo adestrador do CB Estudiantes, club histórico da ACB cunha longa tradición baseada na súa prolífica canteira de formación. Foi cesado en xaneiro de 2016. En xullo de 2016 foi anunciado como novo adestrador do Club Joventut de Badalona.[1] O 7 de febreiro de 2018 foi destituído como adestrador do Joventut debido ao malos resultados.

O 29 de abril de 2018 converteuse no adestrador do ICL Manresa tras o final da tempada regular, co obxectivo de devolver o equipo á Liga ACB nos play-offs de ascenso. Tras eliminar ao Básquet Coruña e ao Trapa Palencia, o equipo derrotou na final ao Club Melilla Baloncesto, logrando volver á máxima categoría só un ano despois do seu descenso. Tras este éxito Ocampo deixou o club para converterse no novo adestrador do filial do FC Barcelona.[2][3] En xullo de 2020 foi anunciado como novo adestrador do Casademont Zaragoza para as dúas seguintes tempadas.[4]

Carreira deportiva na Selección Nacional[editar | editar a fonte]

Nas categorías inferiores da Selección española, dirixiu tres combinados diferentes, cos que en 2009 logrou o ouro no Europeo de Kaunas, ao mando da sub-16, dirixiu á sub-17 no Mundial de Hamburgo 2010, e en 2011 conseguiu o bronce coa sub-16 na República Checa.

Á marxe de dirixir a estes equipos, tamén actuou como Adestrador axudante e preparador físico da Selección B (2006-07) e como Seleccionador de Galicia.

Traxectoria en clubs[editar | editar a fonte]

  • 1996/97. AB Ourense. Cadete.
  • 1997/98. AB Ourense. Júnior.
  • 1998/99. AB Ourense. Júnior.
  • 1999/00. COB-Salesianos. Cadete e Júnior.
  • 2000/01. Salesianos. Alevín.
  • 2000/01. Carmelitas Vedruna. 2ª Nacional feminina e Júnior feminino.
  • 2001/02. Club Ourense Baloncesto. EBA. Adestrador axudante e preparador físico
  • 2002/03. Club Ourense Baloncesto. LEB. Adestrador axudante
  • 2003/04. Club Ourense Baloncesto. LEB. Adestrador axudante
  • 2004/05. Club Extrugasa Cortegada Vilagarcía de Arousa. Categorías inferiores.
  • 2004/05. CB Tarragona. LEB 1. Adestrador axudante de Salva Maldonado.
  • 2005/06. CB Tarragona. LEB 1. Primeiro adestrador.
  • 2006/07. CB Tarragona. LEB 1. Primeiro adestrador.
  • 2007/08. Akasvayu Xirona. ACB e ULEB Cup. Adestrador axudante de Pedro Martínez Sánchez.
  • 2009/10. Cajasol Sevilla ACB. Adestrador axudante de Joan Plaza
  • 2010/11. Cajasol Sevilla ACB e ULEB. Adestrador axudante de Joan Plaza
  • 2011/12. Cajasol Sevilla ACB. Adestrador axudante de Joan Plaza
  • 2012/13. Cajasol Sevilla ACB e ULEB. Adestrador axudante de Aíto García Reneses
  • 2013/14. Cajasol Sevilla ACB. Adestrador axudante de Aíto García Reneses
  • 2014/15. UCAM Murcia ACB. Primeiro adestrador.
  • 2015/16. CB Estudantes ACB. Primeiro adestrador.
  • 2016/17. Club Joventut de Badalona. ACB. Primeiro adestrador.
  • 2017/18. Club Joventut de Badalona. ACB. Primeiro adestrador.
  • 2018. ICL Manresa. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
  • 2018/19. FC Barcelona B. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
  • 2019/20. FC Barcelona B. LEB Prata. Primeiro adestrador.
  • 2020. Casademont Zaragoza. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
  • Desde 2021. Fraport Skyliners. BBL. Primeiro adestrador.

Traxectoria nas seleccións[editar | editar a fonte]

  • 2006-07. España. Adestrador axudante e preparador físico da Selección B.
  • 2009. Seleccionador España Sub16
  • 2010. Seleccionador España Sub17
  • 2011. Seleccionador España Sub16
  • 2008. Seleccionador de Galicia
  • 2009. Seleccionador de Galicia

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 2007/08. Akasvayu Girona. ULEB Cup. Subcampión
  • 2009. España. Europeo Sub16, en Kaunas (Lituania). Ouro
  • 2010/11. Cajasol Sevilla. Eurocup. Subcampión
  • 2011. España. Europeo Sub16, en Hradec Kralove e Pardubice (República Checa). Bronce
  • 2017/18. ICL Manresa. LEB Ouro. Campión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El ourensano Diego Ocampo, nuevo entrenador del Joventut". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  2. "Diego Ocampo deja el Manresa tras ascender a la Liga Endesa" (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  3. "Diego Ocampo, nuevo entrenador del filial del Barcelona" (en castelán). 24 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  4. "Diego Ocampo ficha por el Casademont Zaragoza". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]