Alfonso Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Martínez
Posición Pivote
Altura 1,94 m (6 ft 4 in)
Nacemento 24 de xaneiro de 1937
Flag of Spain.svg Zaragoza
Morte 17 de abril de 2011
Flag of Spain.svg Barcelona
Carreira
Tempadas 19531976
Canteira Espanyol
Internacional 146 veces
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     -
Rebotes     -
Roubos     -
Premios

Alfonso Martínez Gómez, nado o 24 de xaneiro de 1937 en Zaragoza (Aragón) e falecido o 17 de abril de 2011 en Barcelona (Cataluña) aos 74 anos, foi un ex-xogador profesional de baloncesto internacional español. Cunha altura de 1,94 metros xogaba na posición de pivote. Contaba cunha forte personalidade e unha gran capacidade tanto anotadora como reboteadora, sendo considerado un dos mellores baloncestistas de España da súa época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado no baloncesto catalán, desenvolveu unha longa carreira baloncestística, tamén case sempre dentro de clubs cataláns, repleta de éxitos ao longo das dezanove tempadas consecutivas que xogou na Liga española; feito que supón un rexistro histórico e só superado por Joan Creus.

Alfonso Martínez xogou nos mellores equipos de España, e sempre acompañado de éxito. Ao longo da súa carreira gañou catro Ligas españolas, sendo ademais no único xogador que o conseguiu con tres equipos distintos, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona. Este feito repítese coa Copas do Rei, gañando catro e tamén sendo o único en facelo con catro equipos diferentes, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona e Picadero. Tamén xogou entre outros equipos históricos no Breogán de Lugo.

A nivel persoal, foi tres veces o máximo anotador da Liga (1957, 1958 e 1967. Tamén foi na súa época titular indiscutible coa selección de baloncesto de España, non en vano disputou un total de 146 partidos internacionais, participando nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma e nos de México 1968, no Mundial de Chile de 1966 e en cinco Europeos: 1959, 1961, 1963, 1967 e 1969, sendo o máximo reboteador no de 1967. Unha vez retirado como xogador en activo adestrou ao Club Baloncesto Valladolid e ao Bàsquet Manresa.

Equipos[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]