Olympiacos B.C.
Olympiacos B.C. | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Olympiacos Piraeus B.C. ΚΑΕ Ολυμπιακός Σ.Φ.Π. |
Liga | A2 Ethniki / Euroliga |
Alcume | Thrylos (Lenda) Erythrolefki (Branco-vermellos) |
Fundación | 1931 |
Cores | Vermello e branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Skratch |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Estadio da Paz e a Amizade |
Capacidade | 11.554 |
Inauguración | 16 de febreiro de 1985 |
Campionatos | |
Euroliga | 3 (1997, 2012, 2013) |
Tripla coroa | 1 (1997) |
Liga | 12 (1949, 1960, 1976, 1978, 1993–1997, 2012, 2015, 2016) |
Copa | 10 (1976–1978, 1980, 1994, 1997, 2002, 2010, 2011,2022) |
olympiacosbc.gr |
O Olympiacos B.C. (en grego Κ.Α.Ε. Ολυμπιακός), tamén coñecido como Olympiacos ou Olympiacos do Pireo, é un equipo de baloncesto grego con base no Pireo, que xoga as competicións da A2 Ethniki e a Euroliga. Foi fundado en 1931, e é un dos equipos con máis tradición da Europa. É propiedade dos multimillonarios irmáns Panagiotis e Giorgos Angelopoulos. É a sección de baloncesto do equipo Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs. Foi elixido pola FIBA coma o Equipo da Década dos '90.
Pavillón[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Estadio da Paz e a Amizade.
O Olympiakos disputa os seus partidos no Estadio da Paz e a Amizade (en grego: Στάδιο Ειρήνης και Φιλίας), un pavillón situado na localidade de Falero, no Pireo, Ática. Está situado xusto en fronte do Estadio Georgios Karaiskakis, onde disputa os seus partidos de fútbol o Olympiakos FC. O pavillón construíuse en 1985, usándoo o Olympiakos dende 1991. Ten unha capacidade para 14940 espectadores, aínda que para os partidos de baloncesto redúcese a 12171. Foi a sede do Campionato de Europa de 1987 e do Campionato Mundial de Baloncesto de 1998.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Competicións internacionais[editar | editar a fonte]
- Euroliga
- Campións (3): 1997, 2012, 2013
- Subcampións (5): 1994, 1995, 2010, 2015, 2017
- FIBA Intercontinental Cup
- Campións (1): 2013
Competicións domésticas[editar | editar a fonte]
- Liga de Grecia
- Campións (12): 1949, 1960, 1976, 1978, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 2012, 2015, 2016
- Subcampións (22): 1957, 1972, 1973, 1975, 1977, 1979, 1980, 1981, 1986, 1992, 1999, 2001, 2002, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013, 2014, 2017
- Copa de Grecia
- Campións (10): 1976, 1977, 1978, 1980, 1994, 1997, 2002, 2010, 2011, 2022
- Subcampións (9): 1979, 1983, 1986, 2004, 2008, 2009, 2012, 2013, 2018
Xogadores[editar | editar a fonte]
Elenco actual[editar | editar a fonte]
Olympiacos BC 2021−2022 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|