Chauvinismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chauvinista»)

Chámase chauvinismo[1] (tomando o nome do patriota francés Nicolas Chauvin), á crenza narcisista próxima á paranoia e a mitomanía de que o propio do país, ou rexión, ao que un pertence é o mellor en calquera aspecto.

Características[editar | editar a fonte]

Hannah Arendt.

O nome provén da comedia A cocarde tricolore dos irmáns Cogniard, en onde un actor, co nome de Chauvin, personifica un patriotismo esaxerado. Hannah Arendt descríbeo así:

O chauvinismo é un produto case natural do concepto de Nación na medida que provén directamente da vella idea da "misión nacional"... A misión nacional podería ser interpretada con precisión como a traída de luz a outros pobos menos afortunados que, por calquera razón, milagrosamente foron abandonados pola historia sen unha misión nacional. Mentres este concepto de chauvinismo non se desenvolveu na ideoloxía e permaneceu no reino bastante vago do orgullo nacional ou incluso nacionalista, con frecuencia causou un alto sentido de responsabilidade polo benestar dos pobos atrasados.
"Imperialism, Nationalism, Chauvinism", en The Review of Politics 7.4, (outubro de 1945), p. 457

O chauvinismo resulta un razoamento falso ou paralóxico, unha falacia de tipo etnocéntrico ou de ídola fori. En retórica, pois, constitúe un dos argumentos falsos chamados ad hominem que serven para persuadir con sentimentos no canto de con razóns a quen se convencen máis con aqueles que con estas, e como tal se utilizou frecuentemente por parte dos políticos para persuadir as masas. Naceu fundamentalmente coa crenza do romanticismo nos "caracteres nacionais" ou volkgeist.

Erich Fromm, León Poliakov e Jon Juaristi estudaron as manifestacións máis perversas e perigosas do chauvinismo, que poden estar asociadas a ideoloxías totalitarias, xenófobas, racistas e sexistas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chauvinismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.