Saltar ao contido

Argumento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O argumento en lóxica

[editar | editar a fonte]

En lóxica, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento. Un argumento está formado por enunciados que enlazan entre si, de maneira que un deles, denominado "conclusións", aparece como resultado dos demais, chamados "premisas" do argumento. No seguinte exemplo de argumento, os dous primeiros enunciados son as premisas e o terceiro é a conclusión que "deriva" ou "se deduce" daqueles:

"Tódolos humanos son animais e tódolos animais son mortais. Xa que logo, tódolos humanos son mortais".

O argumento en lingüística

[editar | editar a fonte]

O argumento, para os lingüistas transformacionais, é o participante que intervén no acontecemento do predicado. Os adxuntos ou circunstanciais non son argumentos porque son opcionais, non os necesita o predicado.

O argumento en narratoloxía

[editar | editar a fonte]

O argumento en narratoloxía é o resumo da historia, unha síntese que respecta a orde temporal dos sucesos narrados.

Este concepto oponse a trama, pois a trama sintetiza o relato, respectando a orde textual.

O argumento en matemáticas

[editar | editar a fonte]

En matemáticas, un argumento dunha función é un valor proporcionado para obter o resultado da función. Tamén se di variábel independente e indeterminado.

Tamén se pode referir a unha función dos números complexos que devolve o ángulo polar dun número complexo