Ursula Bassler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ursula Bassler
Ursula Bassler.jpg
Nacemento1965
Alma máterUniversidade Pierre e Marie Curie
Ocupaciónfísica, científico nuclear e investigadora
editar datos en Wikidata ]

Ursula Bassler, nada en Alemaña en 1965, é unha física, subdirectora do CNRS Centro Nacional para a Investigación Científica e presidenta do Consello do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) desde xaneiro de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bassler naceu en Alemaña en 1965.[1] Trasladouse a Francia como au pair. Completou o seu doutoramento en física de partículas na Universidade Pierre e Marie Curie en 1993.[2]

Uniuse ao Laboratorio Nuclear e de alta Enerxía (LPHNE) en París, onde traballou en física de partículas baseada en colisionadores.[3] O LPHNE é unha unidade de investigación conxunta entre CNRS e a Universidade Pierre e Marie Curie. Traballou na estrutura do protón utilizando o Acelerador de partículas HERA como membro do experimento H1 en DESY en Alemaña.[2][4]

En 1998 uniuse ao experimento D0 no colisionador de Fermilab o cal estuda os bloques básicos da materia.[2][5] Ela executou a calibración fóra de liña do calorímetro.[6] Foi parte do grupo de traballo Dispersión inelástica profunda durante 1999.[7] Durante o 2005 (Ano Mundial de Físicas) mantivo un blog en Diarios Cuánticos.[8] Entre 2007 e 2013 dirixiu a división de física de partículas no Instituto de Investigación sobre as leis fundamentais do Universo - IRFU-CEA.[9] Forma parte do Comité asesor internacional da Universidade Nacional An-Najah.[10] Creo o proxecto Colisións, un proxecto multimedia que deu unha visión xeral dos físicos e enxeñeiros que traballan para o Gran Colisor de Hadróns.[1]

Até 2015, foi subdirectora científica en IN2P3 para física e informática de partículas.[11] No IN2P3, preparou as actualizacións para o Gran Colisor de Hadróns de Alta Luminosidade e a "European Open Science Cloud".[2] A actualización (HL-LHC) comezou en xuño 2018 .É membro do consello científico de DESY. En setembro de 2018 foi nomeada 23.º Presidente de consello do CERN.[12] A súa candidatura foi proposta por Francia e Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Systems. "Bassler / Portraits de chercheurs / La recherche - CEA Saclay". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ursula Bassler elected as next President of the CERN Council | CERN". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  3. "Annuaire de l'IN2P3 - Ursula BASSLER - Direction". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  4. Bassler, Ursula; Bernardi. "On the kinematic reconstruction of deep inelastic scattering at HERA" 361 (1–2). ISSN 0168-9002. arXiv:hep-ex/9412004. doi:10.1016/0168-9002(95)00173-5. 
  5. Stone. "Photographs of D0 Collaborators". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  6. "The D0-France group homepage". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  7. "Deep import of deep inelastic scattering – CERN Courier". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  8. "Year of Physics". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  9. "Ursula Bassler : biographie, actualités et émissions France Culture". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  10. University. "Committees | Faculty of Science". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  11. "TYLスクール 理系女子キャンプ". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  12. "DPB - September 28, 2018". Consultado o 8 de outubro de 2018.