Cantón de Glarus
| Kanton Glarus (de-ch) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado federado | Suíza | ||||
| Capital | Glarus | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 40.403 (2018) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá Língua alemã padrão suíço (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 685,3 km² | ||||
| Altitude | 472 m | ||||
| Punto máis alto | Tödi (en) | ||||
| Punto máis baixo | Linth (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1352 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Landsgemeinde Glarus (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | CH-GL | ||||
| Código NUTS | CH051 | ||||
| Sitio web | gl.ch | ||||
Glarus é un cantón de Suíza, a súa capital é Glarus. A superficie do cantón é de 685 km² e a poboación de 38.500 habitantes. A lingua oficial é o alemán e hai unha minoría do 6.8% de lingua italiana. O 42% da poboación é protestante e o 37% católica.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
O cantón limita ao norte e ao leste co cantón de Sankt Gallen, ao sur cos Grisóns, e ao oeste cos cantóns de Uri e Schwyz.
O cantón de Glarus está dominado polo profundo val do río Linth. Gran parte do seu territorio é montañoso. O punto máis alto do cantón é o pico Tödi, con 3.614 m, situado nos Alpes Glaroneses. No norte do cantón está o lago de Walen (Walensee), que fai de fronteira co cantón de Sankt Gallen. A superficie do cantón de Glarus é de 685 km², dos cales preto da metade son considerados produtivos. A silvicultura é un sector importante da economía cantonal.
Historia
[editar | editar a fonte]Os habitantes do val do Linth foron convertidos ao cristianismo no século VII polo misioneiro irlandés San Fridolino, quen fundou o convento de Säckingen, preto de Basilea. A partir do século IX a zona arredor de Glarus pertencía ao convento. En 1288, os Habsburgo reclamaron parte dos dereitos do convento, o que provocou en 1352 a unión de Glarus á Confederación Helvética.

Entre 1506 e 1516 o reformador Ulrico Zuinglio foi pastor de Glarus, aínda que non puido pór fin ás disputas entre católicos e protestantes, e en 1564 todos os seus seguidores foran eliminados. Para asegurar a paz, en 1623 cada partido tiña dereito a ter cadansúa Landsgemeinde. Entre 1798 e 1803, durante a República Helvética imposta por Napoleón, Glarus pasou a formar parte do extinto cantón Linth. En 1836 a constitución foi adaptada para unir as asembleas e así poder establecer unha soa Landsgemeinde.
Economía
[editar | editar a fonte]A xeografía do cantón axudou a fundar moitas tellerías no século XVII. Tamén as montañas circundantes foron unha vantaxe para a industrialización. A industria de filamentos de algodón foi moi importante no século XVIII.
O elevamento bovino de produción caseira non foi substituído coa industrialización, sendo aínda o pastoreo na montaña unha actividade importante.
Comunas
[editar | editar a fonte]Desde xullo de 2006 o cantón de Glarus está composto por vinte e cinco comunas:
Betschwanden, Bilten, Braunwald, Elm, Engi, Ennenda, Filzbach, Glaris, Haslen, Linthal, Luchsingen, Matt, Mitlödi, Mollis, Mühlehorn, Näfels, Netstal, Niederurnen, Oberurnen, Obstalden, Riedern, Rüti, Schwanden, Schwändi e Sool.
