Cantón de Schaffhausen
O cantón de Schaffhausen, oficialmente en alemán Kanton Schaffhausen (en alemán suízo: Kanton Schafuuse, en francés: Canton de Schaffhouse, en italiano: Canton Sciaffusa, en romanche: Chantun Schaffusa), é o cantón máis setentrional de Suíza e atópase case na súa totalidade ao norte do río Rin. Malia que o seu único idioma oficial sexa o alemán, a lingua coloquial é o dialecto alemánico do alemán suízo oriental, o chamado Schaffhauserdeutsch. O cantón recibe o nome da súa capital e vila máis poboada, Schaffhausen.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado ao norte da Confederación Suíza, bordeando Alemaña e apenas enteiramente á beira dereita do Rin, o cantón componse de tres partes: a central, onde se atopa a capital cantonal, Schaffhausen, e que posúe no interior das súas fronteiras o enclave alemán de Büsingen am Hochrhein, a oriental, que contén as comunas de Stein am Rhein e Ramsen e a occidental, formada polas comunas de Buchberg e Rüdlingen. Linda cos cantóns de Zürich e de Turgovia.
O cantón de Schaffhausen culmina no Hagen, unha montaña da cordilleira de Randen, a 912 metros de altitude.[1] O punto máis baixo atópase ás beiras do Rin, en Buchberg, con 344 metros de altitude. Abrangue un territorio de 298,42 km2, o que o converte no sétimo cantón máis pequeno de Suíza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Puntos culminantes dos cantóns suízos.". Office fédéral de la statistique. Consultado o 7 de decembro de 2021.
