Appenzell Interior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Appenzell Innerrhoden")
Appenzell Interior
Appenzell Innerrhoden
Bandeira de Appenzell Interior
Escudo de Appenzell Interior
Bandeira Escudo
Switzerland Locator Map AI.svg
Estado Suíza Suíza
Capital Appenzell
 • Poboación 5 771 (2007)
Lingua oficial Alemán
Forma de goberno Semicantón
Ingreso 1513
Superficie Posto 25º
 • Total 173 km²
 • % auga n/d
Costas 0 km
Poboación Posto 26º
 • Total 15.471 hab.
 • Densidade 89 hab./km²
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán UTC+2
Dominio de Internet .ch
Código ISO CH-AI

O cantón de Appenzell Interior (en alemán: Appenzell Innerrhoden, francés: Appenzell Rhodes-Intérieures, en italiano: Appenzello Interno, en romanche: Appenzell Dadens) é un cantón da confederación Suíza.

É tamén o segundo cantón máis pequeno de Suíza.

Appenzell é a capital deste semicantón. Appenzell Interior está situado no nordés de Suíza. Limita ao norte co cantón de Appenzell Exterior, ao leste co San Galo. A súa superficie é de 173 km². O pico do Säntis con 2.501,9 msnm é unha das atracións principais do cantón.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1513 o cantón de Appenzell foi o décimo terceiro cantón en unirse á Confederación Suíza. En 1597 o cantón dividiuse en dous semicantones, debido ás desavinzas relixiosas: o semicantón de Appenzell Interior (católico) e o de Appenzell Exterior (protestante).

A constitución foi introducida en 1872.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais actividades agrícolas do cantón son o pastoreo e a gandaría. Teñen certa relevancia os servizos finanzeiros, o turismo e a industria do metal.

Ingresos (en millóns de CHF): 646 fr

Política[editar | editar a fonte]

Os cidadáns do cantón reúnense todos nunha das prazas de Appenzell, o último domingo do mes de abril, para a Landgemeinde (asemblea xeral). Alí as persoas naturais (suízos) votan para elixir os seus representantes ao parlamento cantonal. O cantón de Appenzell Interior foi o último cantón en introducir o voto feminio no 1992. Só logo dunha decisión federal, o cantón víuse obrigado a introducilo voto das mulleres.

O cumio do Säntis no sur do cantón.

Municipios[editar | editar a fonte]

O cantón está dividido en distritos no canto de municipios, o que quere dicir que os distritos equivalen ás comunas dos demais cantóns suízos. O seis distritos son: