Conversa:Aranés

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño mover "lingua aranesa" -> "fala aranesa", xa que o aranés é unha variante da lingua occitana, en concreto unha variante do dialecto gascón, mais non é unha lingua como tal.

  • RAE: Variante del gascón, hablada en este valle.
  • estatut de catalunya 2006 (en aranés): "Era lengua occitana, denominada aranés en Aran, ei era lengua pròpria d’aguest territòri e ei oficiau en Catalonha, cossent damb çò qu’establissen aguest Estatut e es leis de normalizacion lingüistica.".
  • wiki.ct : L' aranès (en occità: aranés) és una variant de l'occità, del grup gascó,

Seguramente haxa que borrar a mencion de "chamado gascón pirenaico", xa que tal "gascon pirenaico" non o atopo por ningures.---- Maañón (boura, boura) 19:55, 15 outubro 2007 (UTC)


Eu propoño deixalo tal e como está agora. Que sexa unha variante non quere dicir que non sexa unha lingua. O termo "fala" non o atopo axeitado, en todo caso chamarlle só ao artigo "aranés", mas na galipedia, como noutras wikipedias, sempre chamamos aos artigos referidos ás linguas dese xeito, lingua galega, lingua francesa, lingua aranesa...

--PortoFaládeme aquí 12:10, 18 outubro 2007 (UTC)

  • O problema é que o aranés é unha variante (sub-dialecto) do gascón, o cal á sua vez é un dialecto do occitano. Non é unha lingua senón unha variante do gascón. Por facer unha comparacion, falar de "lingua aranesa" equivale a falar de "lingua menorquina", no sentido de que o menorquin é unha variante da lingua catalana, en concreto do dialecto balear da lingua catalana. Para ser preciso, coido que debe ser ou ben "subdialecto aranés" ou ben "fala aranesa". ---- Maañón (boura, boura) 19:21, 18 outubro 2007 (UTC)
  • Lingua nos títulos débese reservar para as linguas independentes segundo as referencias.--RNC 13:04, 11 agosto 2009 (UTC)