IPTV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Internet Protocol television (IPTV) é un sistema de distribución por subscrición de servizos de televisión con conexións de banda larga sobre o Protocolo de Internet, normalmente ofrécese xunto coa telefonía e internet de alta velocidade no que se coñece no ámbito das telecomunicacións como Triple play.

A diferenza da televisión web o contido envíase vía streaming con garantía de entrega, o receptor é un aparello set-top box ou outros aparellos CPE (customer premises equipment) conectado ao televisor.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Un primeiro antecedente do IPTV foi a emisión en directo en 1994 do programa da ABC World News Now usando o software de videoconferencias CU-SeeMe.

O termo IPTV apareceu pola primeira vez en 1995 cando a compañía Precept Software deseñou e construíu un produto de vídeo para internet denominado IP/TV, un mbone compatible con Windows e con Unix. En 1998 Cisco mercou a compañía retendo a marca IP/TV.

Kingston Communications, operador de telecomunicacións do Reino Unido, lanzou a KIT (Kingston Interactive Television) en setembro de 1999.