Montserrat Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montserrat Domínguez
Montserrat Domínguez 2016 ORAIN GIPUZKOA (cropped).jpeg
Nacemento1963
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Columbia
Ocupaciónxornalista, locutor de radio e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Montserrat Domínguez, nada en Madrid en 1963, é unha xornalista española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente cursou un Máster en Xornalismo pola Universidade de Columbia.

A súa carreira como xornalista iniciouse nos informativos de Radio España en 1987. Traballou na Axencia EFE, Canal +, Telecinco e Antena 3 Televisión.

Etapa en Telecinco[editar | editar a fonte]

Presentou os informativos de fin de semana e da edición de noite das Noticias. En 2001 presentou a tertulia matinal La mirada crítica.

Etapa en Antena 3 Televisión[editar | editar a fonte]

En 2004 abandona La mirada crítica, deixando o seu posto a Vicente Vallés, e ficha para dirixir e presentar un programa homólogo en Antena 3 Televisión: Ruedo Ibérico, programa que se ocupaba da actualidade social e política, con entrevistas e unha mesa de tertulia.

En visto dos negativos resultados acadados polo programa, Antena 3 decidiu substituílo por unha edición diaria de Espejo público, que ata entón se emitía nas tardes dos domingos presentado por Sonsoles Suárez. Susanna Griso é a condutora desta nova versión do espazo.

Trala retirada de Ruedo Ibérico, Montserrat Domínguez segue estando vinculada á cadea dirixindo as "Las Noticias de la Mañana".