Europa FM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo de Europa FM

Europa FM é unha cadea de radiofórmula musical de España, a cal pertence a Atresmedia Radio, e esta a Atresmedia.

Historia[editar | editar a fonte]

Europa FM emite, durante a maior parte das súas horas, unha radio-fórmula baseada nos grandes éxitos de artistas nacionais e internacionais dos 90 ata hoxe.

Na tempada 2007-2008, e como novidade na súa grella de fin de semana, incorporouse ¿Me Pones? con Juanma Romero, programa musical interactivo que recibe as peticións musicais adicadas dos oíntes e onde se destacan as novidades do panorama musical.

Na tempada 2008-2009 incorpórase un novo programa diario: Euroclub, con Xavi Martínez e Laura Trigo, o club musical de EuropaFM, un programa interactivo, con concursos, novidades e moito máis, actualmente é presentado por Juanma Romero e Laura Trigo. Outros programas relevantes de Europa FM son Ponte a Prueba, con Pablo Guerola, Mar Montoro e Puchi na franxa nocturna de 11PM a 1AM e o matinal Levántate y Cárdenas, con Javier Cárdenas e todo o seu equipo, de 6 a 10 da mañá. Os noctambulos teñen o seu espazo en Europa baila, con Quique Tejada de 1 a 4 da madrugada.

Segundo datos do Estudo Xeral de Medios (EGM), Europa FM consegue uns excelentes resultados. Suma neste EGM, 1ªOnda de 2011, 133.000 novos seguidores e sitúase como cuarta cadea musical española con 1 588 000 oíntes. Volve ser a cadea musical que máis crece nesta onda cuns datos históricos, habendo multiplicado por 5 a súa audiencia nos últimos catro anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]