Illas de Sotavento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización da illa.
Illas de sotavento.

As illas de Sotavento son un grupo de illas situadas ao nordés do Mar Caribe atópase no oeste do Océano Atlántico. Empezando polas Illas Virxes ao leste de Porto Rico, esténdense ao sueste ata a Guadalupe e as súas dependencias. En inglés, o termo Illas Leeward refírese ás illas do norte da cadea Antillas Menores. A parte máis ao sur desta cadea, a partir de Dominica, chámanse Illas de Barlovento. Dominica foi orixinalmente considerada como parte das Illas Leeward, pero foi transferida das Illas de sotavento británicas ás Illas de barlovento británicas en 1940.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O nome deste grupo insular, Illas de sotavento, data de séculos anteriores, cando os barco de vela eran a única forma de transporte a través do Océano Atlántico. En terminoloxía de vela, "barlovento" significa cara á fonte do vento, mentres que "sotavento" é o sentido contrario. Nas Indias Occidentais, os ventos dominantes, coñecidos como os ventos alisios, sopran desde o nordés. Polo tanto, unha illa ao noroeste, como Porto Rico, normalmente estaría a sotavento dunha illa ao sueste, como Antigua e, pola contra, Antigua estaría a barlovento de Porto Rico, pero a sotavento de Guadalupe e Martinica.

As illas de sotavento foron nomeadas así porque estaban máis por baixo das correntes de vento predominantes (por baixo de onde sopra o vento) e polo tanto eran as máis afastadas para os barcos que viñan de Europa, primeiro atoparían as Illas de barlovento.

Diferenzas xeográficas segundo o ámbito lingüístico[editar | editar a fonte]

Existe unha importante diferenza na consideración de que illas pertenecen aos grupos de Barlovento ou Sotavento, segundo sexa o ámbito lingüístico, dun lado o inglés e dotro o español, francés e neerlandés.

Linguas Illas de Sotavento Illas de Barlovento
Español,
francés e
neerlandés
Caribbean - Benedenwindse eilanden.PNG
Îles Sous-le-Vent
Caribbean - Bovenwindse eilanden.PNG
Îles du Vent
Inglés Caribbean - Windward Islands.PNG
Windward Islands
Caribbean - Leeward Islands.PNG
Leeward Islands

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas de Sotavento é un arquipélago das Pequenas Antillas. Está integrado polas illas de Aruba, arquipélago de Las Aves, Bonaire, Curaçao, Illa de Margarita, A Orchila, Arquipélago Os Roques e La Tortuga, situadas fronte ás costas venezolanas, e Anguila, Antiga, Barbados, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Redonda, San Eustaquio e San Martiño.

As illas de Sotavento son, de occidente a oriente, as siguintes:

Entidade Illas constituintes Localización
Illas ABC (Países Baixos) Aruba
Bonaire
   Klein Bonaire
Curazao
   Klein Curaçao
ABCEilandenLocatie.PNG
Dependencias Federais Venezolanas
(sen incluir as illas de Patos e de Aves)
Arquipélago Los Monjes
Arquipélago de Las Aves
Arquipélago los Testigos
Arquipélago Los Frailes
Illa Los Hermanos
Illa la Sola
La Tortuga
   Caio Herradura
   Illas Los Tortuguillos
La Orchila
Illa la Blanquilla
Arquipélago de Los Roques
   Gran Roque
   Caios Francisquí
   Caio Lanquí
   Caio Nordisquí
   Madrisquí
   Caio Crasquí
   Dos Mosquises
Federal Dependencies of Venezuela in its region.svg
Nueva Esparta (Venezuela) Coche
Cubagua
Margarita
Nueva Esparta in Venezuela (special marker).svg

Administración política[editar | editar a fonte]

Entidade Administración Poboación Lingua
Flag of Aruba.svg Aruba País constituinte dos Países Baixos 102.911 Papiamento
Flag of Curaçao.svg Curazao País constituinte dos Países Baixos 153.817 Papiamento
Flag of Bonaire.svg Bonaire Municipio dos Países Baixos 16.541 Papiamento
Flag of Nueva Esparta.svg Nueva Esparta Estado de Venezuela 426.337 Español
Federal dependencies of Venezuela's Flag.svg Dependencias Federais Venezolanas Territorio federal de Venezuela 6.500 Español

Illas do Caribe

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]