Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
As Forzas Armadas da Federación Rusa (en ruso:Вооружённые силы Российской Федерации, , tr.: Vooruzhénniye síly Rossíyskoy Federátsii) é o poder militar de Rusia, estabelecido en 1992 tras a caída da Unión Soviética e o máis poderoso do mundo xunto co estadounidense, sendo o exército máis potente de Europa.
A República Socialista Federativa Soviética de Rusia, do mesmo xeito que todas as repúblicas soviéticas, tiñan as súas propias Forzas Armadas[nota 1]. Cada república federada ten as súas propias formacións militares), mantendo as Forzas Armadas da URSS.
Durante o comezo da Guerra Civil en Tadjiikistán unha división permaneceu en devandita rexión.
No territorio da propia Federación Rusa, as Forzas Armadas participaron no conflito de Osetia do Norte e especialmente durante a primeira e segunda guerra chechena.
En contraste coa severa crise financeira da década de 1990, durante os últimos anos a situación económica permitiu mellorar a situación das Forzas Armadas rusas. Destaca o programa estatal para o desenvolvemento dos armamentos 2007–2015, que prevía un gasto de 4 939 400 000 000 de rublos (133 100 949 335 euros), entre devanditos anos, na adquisición e desenvolvemento de tecnoloxía militar para as Forzas Armadas de Rusia.
↑Masters, Johnathon. "The Russian Military". Council on Foreign Relations. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2016. Consultado o 29 novembro 2014. This source cites the IISS Military Balance 2014.
↑"The Global Intelligence Files". wikileaks.org. Consultado o 1 abril 2015. IISS listed total reserves as 20,000,000 for many years, assuming a Soviet-style callup. The potential reserve personnel of Russia may be as high as 20 million, depending on how the figures are counted.