Caviar Beluga
Aparencia
O caviar Beluga é un caviar que consiste nas ovas ou míllaras do esturión beluga, a especie Huso huso, da familia dos acipenséridos.
Este esturión encóntrase principalmente no mar Caspio, o lago de auga salgada máis grande do mundo, que está bordeado por Irán e os antigos países da antiga URSS, hoxe da CEI, Acerbaixán, Casaquistán, Rusia e Turkmenistán.
Tamén pode encontrarse na conca do mar Negro e, ocasionalmente, no mar Adriático.
O caviar Beluga é o máis prezado e caro dos caviares,[1] cuns prezos no mercado que oscilan desde os 7.000 aos 10.000 dólares por quilogramo.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Top 5 world's most expensive ingredients Arquivado 26 de xuño de 2013 en Wayback Machine. en Lifestyyle. (en inglés)
- ↑ Young, Mark C. (1999): Guinness Book of World Records. p. 94.
- ↑ Schmidt, Arno (2003): Chef's Book of Formulas, Yields, and Sizes. p. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |