Force India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Force India F1")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of India.svg Force India-Mercedes
Mazepin Force India VJM11 Testing Barcelona.jpg
Nome completo Sahara Force India F1 Team
Bandeira India India
Baseada en Silverstone,
Northamptonshire,
Reino Unido
Tempadas en activo 11 (2008-2018)
Número de pilotos Italia Giancarlo Fisichella
Alemaña Nico Hülkenberg
Italia Vitantonio Liuzzi
Francia Esteban Ocon
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
Alemaña Adrian Sutil
Debut Gran Premio de Australia de 2008
Carreiras 203
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 1
Voltas Rápidas 5
Puntos totais 987
Derradeiro GP Gran Premio de Hungría de 2018

Force India Formula One Team Limited, competindo como Racing Point Force India F1 Team, é un equipo de carreiras Fórmula 1 con sede en Silverstone, Reino Unido, con licenza Británica (o equipo competiu cunha licenza India desde 2008 ata mediados de 2018). O equipo formouse en outubro de 2007 cando un consorcio liderado polo empresario indio Vijay Mallya e o empresario holandés Michiel Mol mercaron o equipo de Spyker F1 por 90 millóns de €.

Logo de disputar 29 carreiras sen sumar puntos, Force India gañou os seus primeiros puntos no campionato do mundo de Fórmula Un e un lugar no podio cando Giancarlo Fisichella terminou segundo no Gran Premio de Bélxica de 2009,[1] Force India puntuou de novo na carreira seguinte, cando Adrian Sutil terminou en cuarto lugar, e estableceu a volta rápida, no Gran Premio de Italia. Os outros podios do equipo son ata agora cinco terceiros lugares, no Gran Premio de Bahrain de 2014, o Gran Premio de Rusia de 2015, o Gran Premio de Mónaco de 2016, o Gran Premio de Europa de 2016 e o Gran Premio de Acerbaixán de 2018, todos logrados por Sergio Pérez.

En outubro de 2011, a compañía india Sahara India Pariwar, comprou o 42,5% das accións de Force India F1 por 100 millóns de $ dos EE.UU..[2] En xullo de 2018, antes do Gran Premio de Hungría, o equipo anunciou que presentara concurso de acredores na High Court en Londres.[3]

O 7 de agosto de 2018, anunciouse que un consorcio de investimentos liderado por Lawrence Stroll, o pai do actual piloto de Williams, comprara Force India, sacando ao equipo fóra do concurso e eliminando a Sáhara como patrocinador principal.[4] O nome do consorcio é Racing Point UK Ltd.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Jordan
Artigo principal: Jordan Grand Prix.

O equipo ten as súas orixes no equipo Jordan Grand Prix, que entrou na Fórmula Un en 1991 con sede no circuíto de carreiras de Silverstone. Jordan gozou moitos anos na Fórmula Un, gañando catro carreiras e logrando o terceiro lugar no campionato de construtores de 1999. Como moitos dos equipos máis pequenos os problemas financeiros do 2000, significaron o baixo rendemento do equipo, e o propietario do equipo Eddie Jordan o vendeu a Midland Group en 2005.

Midland F1 e Spyker
Artigos principais: Midland F1 Racing e Spyker F1.

O novo equipo de nome Midland F1 Racing pasou dúas tempadas na parte posterior da grella, antes que o seu dono Alex Shnaider vendese o equipo a Spyker Cars a metade da tempada de 2006 . Spyker F1 anotou un punto en 2007 e liderou brevemente o Gran Premio de Europa de 2007, a pesar disto, o equipo tivo unha vez máis problemas de financiamento, e foi vendido ao empresario indio Vijay Mallya, presidente da United Breweries Group e Michiel Mol, director do Spyker Fórmula Un.

Force India

O equipo, comprado por 88 millóns de €, foi rebautizado como Force India Formula One Team para a tempada 2008, e mantivo como director do equipo a Colin Kolles, Director de Tecnoloxía a Mike Gascoyne e ao piloto Adrian Sutil.

Adrian Sutil proba para Force India en xaneiro de 2008

Tempada 2009[editar | editar a fonte]

Force India mantivo os mesmos pilotos para a tempada de 2009.[6] O VJM02 foi alimentado por motores Mercedes-Benz, despois de que o equipo asinoaraun contrato de cinco anos o 10 de novembro de 2008. O acordo incluíu tamén unha oferta de caixas de engrenaxes McLaren-Mercedes, sistemas hidráulicos e o recurso do KERS. O coche presentouse o 1 de marzo de 2009.[7]

No chuvioso Gran Premio da China de 2009, Sutil case conseguiu os primeiros puntos de Force India, ocupaba o sexto lugar diante de Lewis Hamilton e [[Timo Glock], a falta de seis voltas cando o acuaplaning fixo derrapar ao coche de Force India deixandoo fora da pista e da carreira. En Alemaña, Sutil clasificouse no sétimo lugar e loitou polos puntos, antes de chocar con Kimi Räikkönen logo de saír do pit lane e ser forzado a volver a boxes para cambiar a á de diante rota. Terminou 15º.

Force India acadou a súa primeira pole position na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 2009 en Spa-Francorchamps, cando Fisichella clasificou o máis rápido.[8] Terminou a carreira en segunda posición, a menos dun segundo por detrás de Kimi Räikkönen, obtendo os primeiros puntos e o primeiro podio de Force India. O non poder acadar a vitoria foi parcialmente atribuído á falta de KERS, un sistema presente no Ferrari.

O 3 de setembro de 2009, Force India anunciou que liberaran a Fisichella do seu contrato para permitir que correse para Ferrari durante o resto da tempada. catro días despois anunciouse que o piloto de probas Vitantonio Liuzzi substituiria a Fisichella nas carreiras restantes.[9]

Na cualificación para o Gran Premio de Italia de 2009 en Monza, Sutil clasificou segundo e Liuzzi, no seu debut en carreira para o equipo, clasificou sétimo. O día da carreira, Sutil terminou cuarto e marcou a volta rápida da carreira. Cando marchaba en cuarta posición na carreira, Liuzzi tivo que retirarse debido a un fallo na transmisión. Force India terminou a tempada noveno, diante da Scuderia Toro Rosso con 13 puntos, con todo, isto non reflectiu a gran mellora que Force India fixo desde o inicio da tempada.

Tempada 2010[editar | editar a fonte]

O equipo anunciou o 27 de novembro de 2009 quea mantería a Adrian Sutil e Vitantonio Liuzzi para a tempada 2010.[10] O equipo probou Paul di Resta e J. R. Hildebrand en xerez, con Resta logrando un tempo moito máis rápido.[11] Di Resta confirmouse como piloto de probas do equipo o 2 de febreiro de 2010.[12] O 9 de febreiro de 2010, Force India presentou o seu novo coche, a VJM03, que correría na tempada 2010.

A tempada 2010 comezou puntuando en Bahrain, Liuzzi terminou en novena posición. Sutil clasificárase décimo, pero estivo involucrado nun incidente na primeira volta co Renault de Robert Kubica. En última instancia, recuperouse para terminar na duodécima posición. En Australia, Sutil novamente cualificouse entre os dez primeiros, Liuzzi cualificouse décimo terceiro. Liuzzi rematou a carreira na sétima posición, mentres que Sutil retirouse cun problema de motor. En Malaisia Sutil anotou dez puntos co quinto posto e Liuzzi retirouse pronto debido a un problema de aceleración, a súa primeira retirada da tempada. Nas próximas carreiras, ademais dunha retirada de Liuzzi, o Force India tivo carreiras tranquilas no medio do grupo, manténdose fóra da acción tanto diante como detrás deles, Sutil puntuou no Gran Premio de España de 2010. En Mónaco os dous vehículos remataron a carreira en oitavo e noveno lugar, evitando os numerosos incidentes, dando ao equipo a súa primeira dobre puntuación. En Turquía, Sutil rematou 9º acadando dous puntos, mentres que Liuzzi terminou décimo sexto. Na seguinte carreira en Montreal, os dous autos remataron nos puntos, con Liuzzi rematando 9º e Sutil 10º.

Varios membros destacados do persoal abandonaron o equipo durante a tempada, o director técnico James Key foi o membro máis destacado, marchou para unirse a Sauber nun papel semellante. O deseñador xefe Lewis Butler, o de aerodinámica Marianne Hinson e o director comercial Ian Phillips tamén deixaron o equipo.[13]

Tempada 2012[editar | editar a fonte]

O Force India VJM05 pilotado por Paul di Resta en Xerez durante as probas de inverno co distintivo nariz "ornitorrinco"

Para a tempada 2012, o equipo retivo Paul di Resta e substituíu a Adrian Sutil co seu piloto de reserva de 2011, Nico Hülkenberg.[14] Máis tarde Jules Bianchi foi nomeado como piloto reserva do equipo, e tamén participou nos adestramentos do venres durante a tempada,[15] o coche do equipo, o VJM05, foi presentado en Silverstone o 3 de febreiro.[16]

Tempada 2013[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2013 contaron con Paul di Resta, por terceiro ano consecutivo.[17] A tempada tamén foi testemuña do regreso de Adrian Sutil á aliñación do equipo, en substitución de Nico Hülkenberg[18] como segundo piloto do equipo. O novo coche do equipo, o VJM06 presentouse o 1 de febreiro de 2013, na base do equipo, cerca do circuíto de Silverstone.[19]

Tempada 2014[editar | editar a fonte]

Nico Hülkenberg regresou ao equipo para o 2014, mentres que Paul di Resta foi substituído por Sergio Pérez. Adrian Sutil marchou para o equipo Sauber. Daniel Juncadella fichou polo equipo como piloto reserva.[20]

Tempada 2015[editar | editar a fonte]

O 19 de outubro de 2014, o equipo asegurou a Hulkenberg o seu posto para 2015.[21] O 7 de novembro de 2014, antes do Gran Premio de Brasil de 2014, Force India anunciou que Pérez quedaríase co equipo para a tempada 2015.[22] Pérez declarou que as negociacións do contrato estaban "en curso". O acordo foi confirmado oficialmente dúas semanas máis tarde no Gran Premio de Abu Dabi de 2014, Pérez asinou un contrato de dous anos, ata o final da tempada 2016.[23]

Force India perdeuse a primeira proba de pretempada en Xerez, debido a un atraso inexplicable no desenvolvemento do Force India VJM08. Máis tarde revelouse que Force India estaba, de acordo coa información privilexiada de Ralf Bach, "ao bordo do colapso financeiro" e que estaba "Actualmente insolvente." Tamén suxeriu que os atrasos no VJM08 debéronse ao feito de que "non se pagara aos provedores de pezas importantes".[24] Bob Fernley, delegado do director do equipo, admitiu que o equipo probablemente se perdera as tres probas de pretempada, aínda que dixo que poderían utilizar o coche do 2014 para facer algún "traballo co condutor e os pneumáticos."[25]


Finalmente o coche de 2015 de Force India descubriuse cando Hülkenberg saíu á pista no segundo día da terceira e última proba en Barcelona.[26] O coche era unha versión actualizada do ano anterior e foi fiable inmediatamente. Fixeron un bo inicio de tempada con Hülkenberg acabando nun bo sétimo lugar no Gran Premio de Australia. Pero non volveron a anotar ata o Gran Premio de Bahrain grazas a un oitavo posto logrado por Pérez. Ambos pilotos lograron bos resultados en Mónaco e Austria. Posteriormente o equipo presentou o coche B-spec altamente modificado no Gran Premio do Reino Unido de 2015,[27] con dúas distintivas rexillas no morro.[28] O coche foi un importante paso adiante respecto do seu predecesor, sobre todo nas curva de alta velocidade.[29] En Bélxica, Pérez tomou o liderado da carreira na primeira volta e, finalmente, terminou nun gran quinto lugar. Seguiu un sexto lugar en Monza e o sétimo en Singapur. En setembro Sahara Force India presentou unha denuncia formal ante a Unión Europea contra a Fórmula Un polo incumprimento das leis de competencia.[30] No Gran Premio de Rusia, Pérez puxo o Force India no terceiro posto do podio, o seu primeiro podio desde o Gran Premio de Bahrain de 2014.[31] Hülkenberg e Pérez terminaron sétimo e oitavo na carreira de casa de Pérez en Cidade de México. Esta mellora da forma axudou a Force India a lograr o seu mellor posto cun quinto lugar con 136 puntos no Campionato de Construtores, aínda que anotando 19 puntos menos que o seu predecesor. Foi un logro notable se considérase a difícil situación financeira do equipo e os seus preparativos de finais da tempada polo atraso da versión coa especificación B do seu coche.

Tempada 2016[editar | editar a fonte]

Force India retivo a Hülkenberg e Pérez por unha terceira tempada sucesiva en 2016. Foi a tempada máis exitosa da historia do equipo ata a data, logo de terminar cuarto no Campionato de Construtores con 173 puntos.

Pérez logrou o primeiro dos seus dous podios en Mónaco, terminando terceiro, tamén foi a primeira vez que o equipo logrou un podio en Mónaco en calquera das súas presentación, Jordan, Midland, Spyker ou Force India. Pérez terminou terceiro dúas carreiras máis tarde no Gran Premio de Europa de 2016 en Bakú.[32] No Gran Premio de Bélxica de 2016 o equipo conseguiu o seu primeiro dobre final dentro dos cinco primeiros desde o Gran Premio de Bahrain de 2014 con Hülkenberg terminando cuarto e Pérez quinto. Como resultado, o equipo arrebatou o cuarto posto no Campionato de Construtores a Williams, a súa posición máis alta na historia do equipo.[33]

Tempada 2017[editar | editar a fonte]

Esteban Ocon pilotando o VJM10 no Gran Premio do Reino Unido de 2017.

contrataron En 2017, Hülkenberg abandonou Force India para unirse a Renault. Para substituilo contrataron a Esteban Ocon na súa primeira tempada completa na Fórmula Un, pilotara un Manor durante a segunda metade da tempada de 2016. Pérez permaneceu en Force India por unha cuarta tempada.

O VJM10 trouxo un cambio, unha librea rosa, tras un novo contrato de patrocinio con BWT.[34]

Ocon e Pérez terminaron as primeiras cinco carreiras da tempada nos puntos, especialmente no Gran Premio de España de 2017 con Pérez cuarto e Ocon quinto o mellor posto final da súa carreira. Esta racha de puntos rematou no Gran Premio de Mónaco de 2017 con ambos autos terminando fóra dos puntos. Os dous estiveron involucrados nunha serie de colisións nas carreiras posteriores. No Gran Premio de Acerbaixán de 2017, ambos pilotos chocaron entre eless, e Pérez danou a súa suspensión dianteira e perdeu a súa á dianteira, antes de retirarse da carreira. Ocon recuperouse dunha picada para terminar sexto. No Gran Premio de Bélxica de 2017, os dous chocaron de novo mentres loitaban por unha posición, Ocon danou a súa á dianteira e Pérez picou unha roda. Ocon acabou noveno pero Pérez retirouse polos danos causados pola picada a finais da carreira.

O equipo conseguiu o cuarto posto no Campionato de Construtores por segunda tempada sucesiva no Gran Premio de México de 2017. O total de puntos ao final desta tempada foi de 187, o mellor rexistro de puntos do equipo.

Tempada 2018[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2018 o equipo mantivo a aliñación de 2017, Sergio Pérez e Esteban Ocon.[35] Na primeira carreira en Australia, Sergio Pérez e Esteban Ocon terminaron 11º e 12º respectivamente.

O equipo presentou concurso de acredores durante o Gran Premio de Hungría. A acción legal foi instigada por un grupo de acredores, incluído Sergio Pérez, como medio de permitir que o equipo continuase operando mentres se buscaba un novo propietario. O 7 de agosto de 2018, Lawrence Stroll (pai do piloto de Williams Lance Stroll sacou ao equipo fóra do concurso, salvando 405 postos de traballo.[36]

Ao achegarse ao Gran Premio de Bélxica de 2018, o equipo non estaba seguro de se tiña a posibilidade de competir, xa que o consorcio que comprou Force India tivo que obter a aprobación de 13 bancos que tiñan créditos no equipo. A aprobación completa chegou despois do prazo, polo que o consorcio non comprou o equipo completo, senón só os seus activos. O equipo tivo que participar no Campionato de Fórmula 1 baixo un novo nome, polo que engadíu "Racing Point" ao nome do equipo. A Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) excluíu a Force India do campionato "debido á súa incapacidade para completar a tempada" e acolleu a nova entidade (Racing Point Force India F1 Team) que poderá para correr, pero non poderá conservar ningún punto do vello equipo. Os pilotos manterán os seus puntos no Campionato de Pilotos.[37][38] O equipo poderá manter os premios que gañou nos últimos anos baixo o nome de Sahara Force India.[39]

Patrocinio e socios[editar | editar a fonte]

No inicio Kingfisher, unha marca propiedade de Vijay Mallya, foi o patrocinador principal. Outros patrocinadores no 2008 foron ICICI Bank, Medion, Kanyan Capital, Reebok e Reliance Industries Limited.[40] Os patrocinadores anteriores, agás o Banco ICICI e Kanyan capital, continuaron patrocinando ao equipo en 2009. Os novos patrocinadores foron AVG, Airbus e Whyte & Mackay.

En decembro de 2009, Computational Research Laboratories (CRL), unha subsidiaria propiedade total de Tata Sons, e Force India Formula One Team anunciaron un acordo de asociación exclusiva de tres anos e varios millóns de dólares para ofrecer un sistema totalmente automatizado Computational Fluid Dynamics (CFD) para o deseño dos coches de carreiras da seguinte xeración do equipo e así mellorar a eficiencia aerodinámica dos modelos de carreiras dese momento.[41] Force India F1 asociouse con Airbus e EADS para o apoio tecnolóxico, e tivo unha asociación técnica con McLaren.[42]

En outubro de 2011, a empresa india Sahara India Pariwar comprou o 42,5% das accións do equipo por 100 $ millóns.[Cómpre referencia] Mallya retivo o 42,5%, e o 15% restante pertence á familia Mol. Como resultado o equipo pasou a chamarse Sahara Force India.[43] As accións vendidas foron de nova emisión; Mallya e Mol non venderon ningunha das súas accións.[44]

Aethra, un fabricante líder de pezas de automóbiles de Brasil uniuse ao equipo como socio oficial en 2012.[45] Outros patrocinadores son Kingfisher Airlines (antigo), Whyte and Mackay, United Breweries Group, Vladivar Vodka, AVG Technologies, Alpinestars, Reebok, Schroth Racing, Muc-Off, Hackett, Chatham-Marine, UPS Direct, STILL e STL.[46]Smirnoff anunciou a asociación co equipo de maio 2014. Univa anunciou a asociación co equipo en xuño de 2014.[47] Force India anunciou unha alianza coa empresa xaponesa NEC Corporation (División de México) para a tempada 2015. Force India apoiou a Hilmer Motorsport na GP2 e GP3 en 2014. En 2015 Force India anunciou unha alianza con Adaptavist.[48]

Hype Energy Drinks foi patrocinador de Force India desde a tempada de 2015, co seu CEO, o ex-piloto de Fórmula 1 Bertrand Gachot, previamente pilotando para o equipo.[49] Force India presentou a marca Hype Energy na á traseira e nas beiras laterais do coche para carreiras onde a publicidade en alcohol está prohibida.[50] Hyde Energy tamén proporciona aos pilotos botellas de bebidas persoais para as carreiras.[51]

O 14 de marzo de 2017, Force India anunciou un novo patrocinio con BWT AG, que deu ao VJM10 unha sorprendente librea rosa, isto valeulle o alcume "Pink Panther" usado polos fanáticos das carreiras, comentaristas e as propias redes sociais do equipo.[34][52][53] Outro novo patrocinador para o 2017 foi a marca de whisky Johnnie Walker, coa que Force India alcanzou un contrato multianual.

En agosto de 2018, despois de que un consorcio de investimentos comprase as accións do Sahara Índia Pariwar no equipo, o nome "Sahara" foi eliminado do nome do equipo.

Resultados nas carreiras[editar | editar a fonte]

Ano Nome Coche Motor Pneu. Pilotos Puntos Pos.
2008 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM01 Ferrari 056 2.4 V8 B 20.
21.
Alemaña Adrian Sutil
Italia Giancarlo Fisichella
0 10º
2009 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM02 Mercedes FO 108W 2.4 V8 B 20.
21.
21.
Alemaña Adrian Sutil
Italia Giancarlo Fisichella
Italia Vitantonio Liuzzi
13
2010 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM03 Mercedes FO 108X 2.4 V8 B 14.
15.
Alemaña Adrian Sutil
Italia Vitantonio Liuzzi
68
2011 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM04 Mercedes FO 108Y 2.4 V8 P 14.
15.
Alemaña Adrian Sutil
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
69
2012 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM05 Mercedes FO 108Z 2.4 V8 P 11.
12.
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
Alemaña Nico Hülkenberg
109
2013 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM06 Mercedes FO 108F 2.4 V8 P 14.
15.
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
Alemaña Adrian Sutil
77
2014 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM07 Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6t P 11.
27.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
155
2015 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM08
VJM08B
Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6t P 11.
27.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
136
2016 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM09 Mercedes PU106C Hybrid 1.6 V6t P 11.
27.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
173
2017 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM10 Mercedes M08 EQ Power+ 1.6 V6t P 11.
31.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Francia Esteban Ocon
187
2018 India India Sahara Force India F1 Team VJM11 Mercedes M09 EQ Power+ 1.6 V6t P 11
31
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Francia Esteban Ocon
0 (59) Excluído

* Tempada en curso.
O comezo da tempada de 2010 viu a introdución dun novo sistema de puntos na F1.

Monoprazas[editar | editar a fonte]

A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usa Force India na Fórmula 1.

  • 2008-2012
  • 2013-2017
  • 2018-
Force India VJM11 (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Spa-Francorchamps results". BBC Sport. 30 de agosto de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2009. 
  2. "Sahara buys 42% stake in Mallya's Force India F1 team". The Times of India (The Times Group). 12 de outubro de 2011. Consultado o 12 de outubro de 2011. 
  3. Andrew Benson (28 de xullo de 2018). "Hungarian Grand Prix: Force India put into administration by High Court". BBC. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  4. "Lance Stroll’s father agrees Force India takeover deal to save all 405 jobs". independent.co.uk. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  5. "Force India reborn as Racing Point". Sky Sports. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  6. "Force India keep drivers for 2009". BBC Sport. 17 de outubro de 2008. Consultado o 20 de outubro de 2008. 
  7. "VJM 02 to be revealed on Sunday". IndianGrandPrix.net (WordPress). 24 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  8. "Spa-Francorchamps results: qualifying". BBC Sport. 29 de agosto de 2009. Consultado o 29 de agosto de 2009. 
  9. "Liuzzi replaces Fisichella at Force India". Reuters India. 7 de setembro de 2009. Consultado o 7 de setembro de 2009. 
  10. "ESPN F1 | Formula 1 news and live F1 coverage". En.f1-live.com. Consultado o 15 de marzo de 2010. 
  11. "Ricciardo tops final day of testing". F1technical.net. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  12. Elizalde, Pablo (2 de febreiro de 2010). "Force India signs di Resta as reserve". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2 de febreiro de 2010. 
  13. Collantine, Keith (2 June 2010). "Mark Smith leaves Force India for Lotus". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 18 October 2010. 
  14. "Hulkenberg joins Di Resta in Force India's 2012 line-up". Formula1.com (Formula One Administration). 16 de decembro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2011. 
  15. "Jules Bianchi joins Sahara Force India as reserve driver for 2012". ForceIndiaF1.com (Force India). 27 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
  16. "Sahara Force India unveil VJM05 for 2012 season". The Times of India (The Times Group). Press Trust of India. 3 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2014. 
  19. Anderson, Ben; Tremayne, Sam (1 de febreiro de 2013). "Force India VJM06 launch: New car a total rethink". Autosport.com (Haymarket Media Group). Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  20. "Daniel Juncadella joins Sahara Force India as a reserve driver". Sahara Force India. 24 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  21. "Nico Hülkenberg retained by Force India for 2015 F1 season". The Guardian (Guardian Media Group). Press Association. 21 de outubro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  22. "Sergio Perez: Force India driver to stay with Formula 1 team in 2015". BBC Sport (BBC). 7 de novembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  23. "Sergio Perez: Force India driver signs up for 2016 season". BBC Sport (BBC). 22 de novembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  24. "Force India facing uncertain future - report". Motorsport.com. Motorsport.com, Inc. 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  25. "Force India might now miss all three pre-season tests". GrandPrixTimes.com. Grand Prix Times. 7 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  26. http://www.autosport.com/news/report.php/id/117839
  27. http://www.skysports.com/f1/news/12433/9880313/force-india-to-introduce-new-b-spec-car-at-the-british-gp
  28. https://www.formula1.com/content/fom-website/en/latest/technical/2015/7/force-india-vjm08---nosecone-nostrils.html
  29. http://www.crash.net/f1/news/220726/1/hulkenberg-hails-new-force-india-step-forward.html
  30. "Force India and Sauber lodge complaint against F1 with European Union". Consultado o 2015-09-29. 
  31. "2015 Constructor Standings". Formula 1® - The Official F1® Website. Consultado o 2015-10-11. 
  32. Bradley, Charles (19 de xuño de 2016). "European GP: Rosberg wins as Hamilton toils to fifth". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  33. "Spa love affair continues with double Top Five finish". Sahara Force India F1 Team. 28 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2016. 
  34. 34,0 34,1 "Force India unveil startling new pink livery for 2017". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 14 March 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  35. "Force India". Formula1.com (en inglés). Consultado o 2018-04-02. 
  36. "Force India set to exit administration". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2018-08-07. 
  37. "FIA allows new entry to save Force India - Speedcafe". speedcafe.com. 24 de agosto de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  38. Cooper, Adam. "How the FIA used little-known Formula 1 rules to save Force India". autosport.com. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  39. Adam Cooper. "Rival Formula 1 teams allow Force India to keep prize money". Autosport. 
  40. "Sponsors". forceindiaf1.com. Force India. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  41. "CRL partners with Force India to help design the next generation of Formula 1 cars". forceindiaf1.com. 16 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 1 de febreiro de 2010. 
  42. "Force India's first target will be to beat Aguri". India Times. 8 de febreiro de 2008. Consultado o 9 de febreiro de 2007. 
  43. Beer, Matt (12 de outubro de 2011). "Sahara Group becomes Force India co-owner". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 12 de outubro de 2011. 
  44. "Force India's 42.5% stake bought for $100 million by Sahara India; F1 team to be called Sahara Force India". economictimes.indiatimes.com (The Economic Times). 13 de outubro de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2011. 
  45. "Bianchi’s sponsor signs up with Force India". Inautonews (S.C. Pixelmedia SRL). 16 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  46. "Sponsors". ForceIndiaF1.com. Force India. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  47. "Univa becomes technical partner of Sahara Force India Formula One Team". Force India (Force India Formula One Team Limited). 4 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014. 
  48. "Sahara Force India partners with Adaptavist". Adaptavist (Adaptavist.com Ltd.). 6 de marzo de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  49. "Hype to keep Sahara Force India energised in 2017 - Force India F1". www.forceindiaf1.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  50. "Extra Hype Energy branding featured at the 2017 Bahrain GP". hype.com. Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  51. "Driver Hydration by @hypeenergy 9am Ready to go! #F1Testingpic.twitter.com/red1njowKa". twitter.com. Consultado o 5 November 2017. 
  52. "Sahara Force India Formula One Team". www.facebook.com (en inglés). Consultado o 2017-09-04. 
  53. "Instagram post by Sahara Force India F1 • Sep 2, 2017 at 3:58 pm UTC". Instagram (en inglés). Consultado o 2017-09-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]