Rania de Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rania de Xordania
Queen Rania - World Economic Forum Annual Meeting Davos 2008.jpg
Raíña consorte de Xordania
22 de marzo de 1999
Predecesor Elizabeth Najeeb Halaby

Nacemento 31 de agosto de 1970 (47 anos)
Kuwait, Kuwait
Cónxuxe/s Abdullah II
(1993 - )
Descendencia
  • Hussein bin Al Abdullah
  • Iman bin Al Abdullah
  • Salma bin Al Abdullah
  • Hashem bin Al Abdullah
Casa real Haxemita
Proxenitores Faisal Sedki Al Yassin
Ilham Yassin

A Raíña Rania de Xordania (Rania Al Abdullah), nacida Rania Al-Yassin (en árabe, رانيا العبدالله) é a dona do rei de Xordania, Abdullah II. Naceu en Kuwait, Kuwait, o 31 de agosto de 1970 e é filla de pais palestinos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Rania Al-Yassin naceu na Cidade de Kuwait, Kuwait o 31 de agosto de 1970 de pais palestinos de Tulkarm. O seu pai é médico, e é a mediana de tres irmáns. Asistiu ás escolas primaria e secundaria New English School en Kuwait. Despois obtivo un grao en Administración da American University no Cairo. Despois da súa graduación en 1991, traballou en Citigroup e para a compañía Apple na capital xordana. Tamén obtivo un Diploma de Estudos Avanzados da Universidade de Xenebra en Suíza.

Coñeceu ao Rei Abdullah bin Al-Hussein nunha celebración en xaneiro de 1993. Dous meses máis tarde anunciaron a súa relación e o 10 de xuño de 1993 casaron. Tiveron catro fillos: Hussein (28 de xuño de 1994), Iman (27 de setembro de 1996), Salma (26 de setembro de 2000) e Hashem (30 de xaneiro de 2005).

Raíña de Xordania[editar | editar a fonte]

Aínda que o seu home se converteu en rei o 7 de febreiro de 1999, Rania non se converteu en raíña inmediatamente. Foi proclamada raíña polo seu home o 22 de marzo do mesmo ano. Sen esa proclamación, tería ostentado o título de princesa consorte, ao igual que a súa sogra, a princesa Muna Al-Hussein.

Rania é unha defensora dos dereitos das mulleres. Recibiu do seu home o rango honorario de coronel das Forzas Armadas Reais de Xordania o 9 de xuño de 2004. En 2005 foi nomeada a terceira muller máis bela do mundo pola revista Harpers and Queen (que desde novembro de 2005 é coñecida como Harper's Bazaar [1]). Ademais, foi a raíña máis nova do mundo no momento en que coroaron ao seu home.

Rania de Xordania realizou numerosas aparicións públicas, incluíndo unha entrevista para a televisión no programa de Oprah Winfrey o 17 de maio de 2006, onde falou sobre as ideas equivocadas sobre o Islam e o rol da muller nesa relixión. En maio de 2000 foi nomeada membro honoraria da clase do 2000 da Academia Deerfield, a Universidade na que estudou o seu esposo. Tamén se encontra na lista das 100 mulleres máis poderosas do mundo segundo Forbes.

Actividades[editar | editar a fonte]

Rania desempeña unha serie de actividades centrándose nos dereitos da muller e dos nenos e representa a Xordania en visitas oficiais e eventos fóra do país.

Organizacións que apoia[editar | editar a fonte]

É patroa das seguintes organizacións ó redor do mundo:

  • Global Alliance for Vaccines and Immunisation
  • Jordan River Foundation
  • Arab Women's Summit
  • Arab Academy for Banking and Financial Sciences (AABFS)
  • Jordan Cancer Society
  • National Team for Family Safety
  • National Team for Early Development
  • Child Safety Program and Dar Al-Amman
  • World Economic Forum
  • UN Children's Fund
  • The Vaccine Fund
  • International Youth Foundation
  • FINCA International
  • International Osteoporosis Foundation
  • Aqua Kilimanjaro
Predecesor:
Elizabeth Najeeb Halaby
Raíña consorte de Xordania
1999 - Presente
Coat of arms of Jordan.svg
Sucesor:
En el cargo