20 de xaneiro
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 20 de xaneiro é o 20º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 345 días para finalizar o ano, 346 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1765 - Inaugúrase na Coruña a Academia de Agricultura, primeira de España.
- 1892 - No ximnasio dun colexio de Springfield, Massachusetts, xógase o primeiro partido da historia de baloncesto (inventado polo canadense James Naismith).
- 1921 - Turquía adopta a súa primeira constitución.
- 1958 - publícase a primeira aventura de Mortadelo e Filemón en Pulgarcito.
- 1986 - Richard J. Terrile descobre as lúas Ofelia e Cordelia do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1990 - Xaneiro Negro foi unha acción do exército soviético para deter a violencia entre armenios e azarís.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1502 - Sebastián de Aparicio, relixioso franciscano galego (m. 1600).
- 1554 - Sebastián I de Portugal (m. 1578).
- 1716 - Carlos III de España.
- 1758 - Marie Lavoisier, química francesa (m. 1836).
- 1775 - André Marie Ampère, físico e matemático francés.
- 1848 - Raimundo Fernández Villaverde, político español (m. 1905).
- 1850 - Bernardo Barreiro, historiador, xornalista e poeta galego.
- 1872 - Ramón Ferreiro Lago, notario e escritor galego (m. 1962).
- 1873 - Johannes Vilhelm Jensen, escritor danés, Premio Nobel de Literatura en 1944.
- 1877 - Raymond Roussel, escritor francés (m. 1933).
- 1879 - Víctor Castro Rodríguez, xornalista e escritor galego (m. 1942).
- 1891 - Manuel Castro Gil, gravador e pintor galego (m. 1961).
- 1910 - Joy Adamson, naturalista austríaca.
- 1920 - Federico Fellini, director de cine italiano (m. 1993).
- 1925 - Ernesto Cardenal, teólogo e político nicaraguano.
- 1930 - Buzz Aldrin, astronauta estadounidense.
- 1946 - David Lynch, director de cine estadounidense.
- 1949 - Xesús Rábade Paredes, escritor galego.
- 1951 - Xan Fernández Carrera, escritor galego.
- 1987 - Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano (m. 2011).
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1813 - Christoph Martin Wieland, escritor alemán (n. 1733).
- 1871 - Pierre Alexis Ponson du Terrail, novelista francés (n. 1829).
- 1875 - Jean-François Millet, pintor francés (n. 1814).
- 1900 - John Ruskin, escritor, crítico de arte e reformista inglés.
- 1908 - Johann Heinrich Hübschmann, filólogo alemán (n. 1848).
- 1911 - Manuel Felipe Quintana Ochaita, arquitecto español (n. 1842).
- 1922 - Camille Jordan, matemático francés.
- 1936 - Xurxo V, rei do Reino Unido.
- 1954 - Boris Gorbatov, escritor e xornalista soviético (n. 1908).
- 1983 - Manuel Francisco Dos Santos, "Garrincha", futbolista brasileiro (n. 1933).
- 1984 - Johnny Weissmüller, nadador e actor estadounidense (n. 1904).
- 1993 - Audrey Hepburn, actriz.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día da toma de posesión dos presidentes electos nos Estados Unidos desde 1937.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Sebastián e San Fabián.