Saltar ao contido

Camille Jordan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCamille Jordan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie Ennemond Camille Jordan Editar o valor en Wikidata
5 de xaneiro de 1838 Editar o valor en Wikidata
Lión (Monarquía de Xullo) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1922 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
París (Terceira República Francesa) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ82573139 Traducir 46°48′06″N 5°10′55″L / 46.801635, 5.181835 Editar o valor en Wikidata
218º Presidente da Academia de Ciencias de Francia
1 de xaneiro de 1916 – 31 de decembro de 1916
← Edmond PerrierJacques-Arsène d'Arsonval (pt) Traducir →
Director Journal de mathématiques pures et appliquées
1885 – 1922
← Henri ResalHenri Villat (pt) Traducir →
President of the Mathematical Society of France (en) Traducir
1879 – 1879
← Ossian BonnetEdmond Laguerre → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Superior de Minas de París (–1861)
Facultade de Ciencias de París - doutor (–1861)
Escola Politécnica (1855–1858) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaSur le nombre des valeurs des fonctions. Sur les périodes des fonctions inverses des intégrales des différentielles algébriques Editar o valor en Wikidata (1860 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseVictor Puiseux (pt) Traducir e Joseph Serret (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de grupos, matemáticas, álxebra lineal e teoría da medida Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático (1876–), matemático, enxeñeiro, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France, catedrático (1883–1912)
Escola Politécnica (1873–1912)
Corps of bridges, waters and forests (en) Traducir (1861–1885) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
DoutorandoMarie Georges Humbert (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosÉdouard Jordan Editar o valor en Wikidata
PaiAlexandre Jordan Editar o valor en Wikidata
ParentesCamille Jordan, tío avó
Pierre Puvis de Chavannes, tío materno
Alexis Jordan, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 140769 BNE: XX1326376 WikiTree: Jordan-24751 Find a Grave: 216267483 Editar o valor en Wikidata

Marie Ennemond Camille Jordan ([ʒɔʀdã]), nado en Lión o 5 de xaneiro de 1838 e finado en París o 22 de xaneiro de 1922, foi un matemático francés, coñecido tanto polo seu traballo fundamental na teoría de grupos como polo seu influente Cours d'analyse.

Camille Jordan non debe ser confundido co xeodesista Wilhelm Jordan (1842-1899, método de eliminación de Gauss-Jordan) nin co físico Pascual Jordan (1902-1980, álxebra de Jordan).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai Esprit-Alexandre Jordan (1800-1888), politécnico (1818),[1] foi deputado por Saona e Loira (1871-1876) e a súa nai Joséphine era irmá do pintor Pierre Puvis de Chavannes. Era tamén bisneto do político Camille Jordan. Estudou na Escola Politécnica Superior (promoción de 1855). Foi enxeñeiro no corpo das minas e logo deu clases na mesma escola e sucedeu a Joseph Liouville no Collège de France, onde tiña fama de escoller notacións excéntricas.

O seu nome está asociado a unha serie de resultados fundamentais:

Tamén foi el quen introduciu a noción de arco rectificable, de función con variación limitada[2] ou de conxunto medíbel. Axudou a levar a teoría de Galois á corrente principal do pensamento. Tamén investigou os grupos de Mathieu, primeiros exemplos de grupos esporádicos. O seu Traité des substitutions, sobre os grupos das permutacións, foi publicado en 1870 e gañou ese mesmo ano o premio Poncelet.[3] Foi orador convidado no Congreso Internacional das Matemáticas de 1920 en Estrasburgo.[4]

Cando deixou a Escola das Minas de 1861 a 1885, era enxeñeiro encargado do control das canteiras en París.[5]

En 1881 foi elixido membro da Academia de Ciencias, que presidiu en 1916. En 1919 converteuse nun membro estranxeiro da Royal Society e tamén foi nomeado Oficial da Lexión de Honra.

A Universidade de Lión I deu o seu nome a un instituto de investigación matemática.

O asteroide 25593 Camillejordan recibiu o seu nome na súa honra.

  1. "Base des anciens de Polytechnique". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  2. Hardy, Godfrey Harold (2018). Mathématiques et mathématiciens (en francés). Nitens. ISBN 9782901122005. 
  3. "Prix". Comptes rendus hebdomadaires des séances de l'Académie des sciences. Tome 75. París: Gauthier-Villars. xullo-decembro de 1872. p. 1302. 
  4. "Sur la classification des constellations par Camille Jordan". Compte rendu du Congrès international des mathématiciens tenu à Strasbourg du 22 au 30 Septembre 1920. 1921. pp. 410–436. 
  5. Vincent Isoz, Éléments de mathématiques appliquées, versión 3.0, 2014, p.4680. En liña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]