Buzz Aldrin
Buzz Aldrin | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1930 (92 anos) |
Lugar | Glen Ridge, Nova Jersey, ![]() |
Nacionalidade | Americano |
Cónxuxe | Lois Driggs Cannon |
Actividade | |
Ocupación | Astronauta |
Ocupación actual | retirado |
Ocupación previa | piloto de combate |
Axencia espacial | NASA |
Misións | Gemini 12, Apollo 11 Gemini 12, Apollo 11 |
Rango | Coronel, USAF |
Tempo no espazo | 12 días, 1 hora e 52 minutos |
Retiro | 1 de xullo de 1971 |
Insignias | |
Premios | Distinguished Flying Cross, Lexionario da Lexión do Mérito, Orden da Cultura, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla do Aire, Air Force Distinguished Service Medal, Harmon Trophy, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Premio Steiger, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Nacional Aviación Hall of Fame, Salón da Fama de California, New Jersey Hall of Fame, Horatio Alger Award, Grande Médaille d'Or des Explorations, Medalha de Ouro Langley, Medalha Geográfica Cullum, Medalha de Serviço Distinto da NASA, United States Astronaut Hall of Fame, NASA Space Flight Medal, Hubbard Medal, Aviation Hall of Fame and Museum of New Jersey, star on Hollywood Walk of Fame e Ellis Island Medal of Honor |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Edwin Eugene Aldrin, Jr., coñecido como Buzz Aldrin, nado en Montclair, Nova Jersey o 20 de xaneiro de 1930, foi un astronauta norteamericano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou en West Point, e no ano 1951 ingresou na Forza Aérea. Durante a Guerra de Corea participou en 66 misións de combate pilotando F-86 Sabres. Posteriormente estivo estacionado na base norteamericana de Bitburg, Alemaña. Doutoramento en ciencias austronáuticas no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) no ano 1963, ingresou na NASA nese mesmo ano.
Formou parte da tripulación do Gemini XII (novembro 1966) no que saíu tres veces ao espazo exterior. No voo do Apolo XI (16 ao 24 de xullo de 1969) tripulou con Neil Armstrong o módulo de exploración lunar que se pousou na superficie da Lúa e foi o segundo home que puxo pé nela.
En marzo de 1972 retirouse do servizo activo, Return to Earth é a súa autobiografía, onde fala da caída na depresión e no alcoholismo despois de deixar a NASA. En 1992 produciu o xogo de estratexia para ordenador, Race into Space. Co escritor de ciencia ficción John Barnes escribiu as novelas Encounter With Tiber (1996) e The Return (2000). No ano 2002, George W. Bush nomeou a Aldrin para a Presidential Commission on the Future of the United States Aerospace Industry.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buzz Aldrin ![]() |