Ramón Ferreiro Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Ferreiro Lago

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1962 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnotario , escritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Ferreiro Lago, nado en Mondoñedo o 20 de xaneiro de 1872 e finado no Carballiño o 25 de xullo de 1962, foi un avogado, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jesús Ferreiro Hermida e Pascuala de Lago Baamonde Montenegro Pérez Villarmea. Estudou dereito. Fundou en Valladolid a Revista Notarial de Castilla la Vieja (1898). Ingresou por oposición no notariado en 1907. Foi notario en Ledesma (1912), Belchite (1915), Cerdedo (1916), Rábade (1918)[1] e Vilalba (1924), onde fundou a Unión Ciudadana Anticaciquil da que foi secretario.[2] En 1925 pasou a ser notario de Lodosa (Navarra) e ao ano seguinte do Carballiño.

No Carballiño dirixiu os periódicos Hermandad (1928), Vanguardia Republicana (1931) e La Tribuna Forense Gallega. Colaborou en Faro Villalbés. Foi membro do Partido Republicano Gallego e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente no Carballiño.[3] En novembro de 1934 pasou a desempeñar a notaría de Carballo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu proceso foi sobresido. Foi novamente xulgado na Coruña en 1939 por inxurias ao xefe do Estado, acusado de insultar a Franco durante unha representación teatral, e novamente sobresido. No franquismo foi notario na Estrada (1940) e Sueca, onde se xubilou en 1947.

Finou no Carballiño o 25 de xullo de 1962.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Código civil. Cuestiones selectas, 1897.
  • Condición juridica de la mujer. Estudio filosófico, historico y del código civil, 1902.
  • El gobierno de Sancho. Estudio filosófico-crítico (con José María de Mariscal y Luis), 1905.
  • Los nuevos horizontes del Derecho civil y el provenir de la institución notarial, 1917.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Era cabaleiro da Orde de Afonso XII e comendador da Orde de Sabela a Católica.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Rodríguez Meyre en 1906.[5] Foi tío de Fernando, Ramón Ferreiro Rodríguez e de Julio García-Gabilán Ferreiro.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 13-6-1918, p. 2.
  2. El Regional, 14-1-1926, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 27-6-1934, p. 10.
  4. ABC, 28-7-1962, p. 37.
  5. El Eco de Santiago, 4-9-1906, p. 1.
  6. Yebra de Ares, A. B. (2005). Pazos y señoríos de la provincia de Lugo III. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]