André Marie Ampère

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
André Marie Ampère
Andre-Marie Ampere.jpg
André Marie Ampère
Datos persoais
Nacemento20 de xaneiro de 1775
LugarLión Flag of France.svg Francia
Falecemento10 de xuño de 1836
LugarMarsella Flag of France.svg Francia
SoterradoCemiterio de Montmartre
Nacionalidadefrancesa
EtniaPobo francés
CónxuxeJulie Carron
FillosJean-Jacques Ampère
Actividade
CampoMatemático, físico e químico
Alma máterÉcole polytechnique
Contribucións e premios
Coñecido porlei de Ampère
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Foreign Member of the Royal Society, os 72 nomes na Torre Eiffel e Inspetor Geral
André-Marie Ampère signature.svg
editar datos en Wikidata ]

André Marie Ampère, nado en Lión en 1775 e finado en Marsella en 1836, foi un físico francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autor xa dende moi novo de traballos matemáticos, tamén se interesou polos grandes problemas da física e da química do seu tempo. En 1814 desenvolveu a hipótese (xa formulada independentemente por Avogadro) segundo a cal tódolos gases a igualdade de volume, presión e temperatura conteñen o mesmo número de moléculas. Tamén estudou as accións mutuas das correntes e os imáns, e puxo as bases da electrodinámica. En 1821 emitiu a hipótese de que as moléculas dun corpo se comportan coma correntes particulares que a imantación pode dirixir. Inventou o galvanómetro, o primeiro telégrafo eléctrico, e, xunto con Arago, o electroimán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]