Springfield, Massachusetts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°06′45″N 72°32′51″O / 42.11250, -72.54750

Panorámica de Springfield, Massachusetts

Springfield é unha cidade situada no condado de Hampden, ao sur do estado estadounidense de Massachusetts, cerca da fronteira con Connecticut.

A cidade foi fundada en 1852.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización da cidade no condado de Hampden

Situada sobre a beira esquerda do río Connecticut, a unha altitude media de 50 metros sobre o nivel do mar, o concello ocupa unha superfcie de 85,66 km².

Segundo o censo de 2020 tiña unha poboación de 155 929 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1.835 habitantes por km².​[1]

Springfield está situada a 38 km ao norte de Hartford, Connecticut.

Importancia universitaria[editar | editar a fonte]

A rexión de Hartford e Springfield conta con aproximadamente 1 800 000 habitantes, e con 160 000 estudantes universitarios en 32 universidades, razón pola que se coñece como "O corredor do coñecemento". Só a zona de Boston conta cunha maior concentración de institucións de educación superior.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O deporte do baloncesto foi inventado en Springfield en 1891 polo profesor de Educación Física canadense James Naismith. O "Salón da fama do Baloncesto" encóntrase en Springfield.

Springfield é famosa por moitas cousas máis, incluíndo a primeira compañía de motocicletas dos Estados Unidos (Indian, 1901) e o primeiro automóbil propulsado por gasolina (Duryea Motor Wagon, 1893).

É coñecida tamén por ser onde viven os personaxes da serie "Os Simpsons".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. U.S. Centre Bureau: Censo de 2020 Consultado o 27 de novembro de 2021.