Johann Heinrich Hübschmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Heinrich Hübschmann
Nacemento1 de xullo de 1848
Lugar de nacementoErfurt
Falecemento21 de xaneiro de 1908
Lugar de falecementoFriburgo
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Jena
Ocupaciónlingüista, armenologist, profesor universitario, filólogo e orientalista
editar datos en Wikidata ]

Johann Heinrich Hübschmann, nado en Erfurt o 1 de xullo de 1848 e morto en Friburgo o 20 de xaneiro de 1908, foi un filólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía oriental en Jena, Tübingen, Leipzig, e Múnic; en 1876 converteuse en profesor de linguas iranias en Leipzig, e en 1877 en profesor de filoloxía comparada na Universidade de Estrasburgo. Foi o primeiro en establecer a correcta relación do armenio coas linguas indoeuropeas.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Armenische Studien (1883).
  • Das indogermanische Vokalsystem (1885).
  • Etymologie und Lautlehre der ossetischen Sprache (1887).
  • Persische Studien (1895).
  • Armenische Grammatik (1895).
  • Altarmenische Ortsnamen (1904).