Cordelia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cordelia
Cordelia
Cordelia (no centro cara a abaixo, dentro do anel brillante), imaxe do descubrimento procedente da Voyager 2.
Descubrimento
Descuberta por Richard J. Terrile / Voyager 2
Descuberta en 20 de xaneiro de 1986
Características orbitais
Raio orbital medio 49751,722 ± 0,149 km[1]
Excentricidade 0,00026 ± 0,000096[1]
Período orbital 0,33503384 ± 0,00000058 d[1]
Inclinación 0,08479 ± 0,031° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 50 × 36 × 36 kms[2]
Raio medio 20,1 ± 3 km[2][3][4]
Área superficial ~5.500 km²[5]
Volume ~38.900 km³[5]
Masa ~4,4 x 1016 kg[5]
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)[3]
Gravidade superficial ~0,0073 m/s2[5]
Velocidade de escape ~0,017 km/s[5]
Período de rotación síncrona[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,08 ± 0,01 [6]
0,07[3][4]
Temperatura superficial ~64 K[5]

Cordelia é o satélite máis interno de Urano. Foi descuberto a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 20 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 7.[7] Non volveu ser detectado ata que o Telescopio Hubble o observou no ano 1997.[6][8] Cordelia toma o seu nome da filla máis nova de Lear da obra King Lear de William Shakespeare. Tamén é designada coma Urano VI.[9]

Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 20 km[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Cordelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara a Urano. A taxa de relación entre os eixos de Cordelia é de 0,7 ± 0,2[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal.

Cordelia actúa coma lúa pastor interior do anel Epsilon de Urano.[10] Cordelia orbita Urano dentro do raio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597. 
  3. 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics), ed. (20-12-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 10-03-2009. 
  4. 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-122-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculada en base a outros parámetros
  6. 6,0 6,1 6,2 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596. 
  7. Smith, B. A. (27-01-1986). "IAU Circular No. 4168". Consultado o 6-10-2018. 
  8. Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (03-09-2003). "IAU Circular No. 8194". Arquivado dende o orixinal o 27-03-2012. Consultado o 06-10-2018. 
  9. USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 6-08-2006. 
  10. Esposito, L. W. (2002). "Planetary rings". Reports On Progress In Physics 65: 1741–1783. doi:10.1088/0034-4885/65/12/201. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]