Ernesto Cardenal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernesto Cardenal
Ernesto Cardenal 2010.JPG
Nome completoErnesto Cardenal Martínez
Nacemento20 de xaneiro de 1925
 Granada, Nicaragua
NacionalidadeNicaragua
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Columbia e Facultad de Filosofía y Letras
Ocupaciónpoeta, sacerdote católico, escultor, pintor, teólogo, tradutor e político
IrmánsFernando Cardenal
PremiosOrder of Augusto César Sandino, Peace Prize of the German Book Trade, Pablo Neruda Ibero-American Poetry Award, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Prémio Rainha Sofia, Theodor Wanner Prize, doutor honoris causa, Ordem de José Martí, Orde da independencia cultural Rubén Darío, honorary doctorate of the University of Valencia e honorary doctorate of the University of Granada
Ernesto-cardenal-autograph-2012-ffm-003.jpg
editar datos en Wikidata ]
Ernesto Cardenal.

Ernesto Cardenal Martínez, nado en Granada o 20 de xaneiro de 1925, é un sacerdote católico, político, escritor e poeta nicaraguano. Está considerado un dos máis destacados relixiosos da teoloxía da liberación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia rica, estuda primeiro en Managua e de 1942 a 1946, literatura en México. Máis tarde, de 1947 a 1949, continúa os seus estudos en Nova York e viaxa entre 1949 e 1950 por Italia, España e Suíza.

En xullo de 1950 volve a Nicaragua, onde participa na "revolución de abril" de 1954 contra Anastasio Somoza García. O golpe de estado falla e termina coa morte de moitos dos seus compañeiros e amigos. Ernesto Cardenal decide entrar no mosteiro de Gethsemani (Kentucky, EE.UU.), pero en 1959 sáese para estudar teoloxía en Cuernavaca (México).

Cardenal toma en 1965 os votos de sacerdote en Managua. Funda nunha das illas Solentiname no Lago Cocibolca unha comunidade cristiá, case monástica. Aí escríbese o famoso libro "O Evanxeo de Solentiname". Cardenal colabora estreitamente co Fronte Sandinista de Liberación Nacional loitando contra o réxime de Anastasio Somoza Debayle. O 19 de xullo de 1979, o día da vitoria da Revolución Nicaraguana, é nomeado ministro de cultura do novo goberno do FSLN onde crea os Talleres Populares de Poesía. Ocupa este cargo ata 1987, ano no que se pecha o ministerio por razóns económicas.

Ernesto Cardenal recibe en 1980 o Premio da Paz do Comercio Libreiro Alemán..

En 1983, Xoán Paulo II visitou oficialmente Nicaragua. O pontífice -fronte a cámaras de televisión que transmitían a todo o mundo- amoestou e increpou severamente a Ernesto Cardenal, axeonllado ante el na mesma pista do aeroporto, por propagar doutrinas apóstatas (segundo a fe católica) e por formar parte do goberno sandinista, suspendéndoo nas súas funcións eclesiais.

Cardenal abandona o FSLN en 1994, en protesta contra a dirección autoritaria de Daniel Ortega. Logo, suma o seu apoio moral ao MRS ou Movemento de Renovacion Sanidinista, e estende o seu apoio á Alianza Partido MRS, durante as eleccións 2006, igual que outros destacados literatos nicaraguenses, entre os que destacan Gioconda Belli e Sergio Ramírez Mercado, fundador do MRS.

Foi nomeado en maio de 2005 a recibir o Premio Nobel da literatura. As súas obras teñen sido traducidas a máis de vinte linguas.

No ano 2007) o poeta nicaraguano volve a México, que entre outras actividades, estivo co Subcomandante Márcos do Exército Zapatista de Liberación Nacional, no festival XII Encontro Hispanoamericano de Escritores "Horas de Xuño", celebrado o 1 de xuño do 2007, organizado pola Universidade de Sonora, e que este ano levou por título Tributo a Ernesto Cardenal, onde ofreceu lectura dun texto, po de estrelas, sobre a utopía social e un recital dos seus poemas que enmudeceu ao auditorio da Sociedade Sonorense de Historia.

En 2019 o Papa Francisco absolveu a Cardenal 'de tócalas censuras impostas' por Juan Pablo II.[1]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Lexión de Honor en Grao de Oficial do Goberno de Francia.
  • Premio Internacional Mario Benedetti (Uruguai, 2018)
  • Premio Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda (2009)
  • Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2012)[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Hora 0.
  • Oración por Marilyn Monroe y otros poemas.
  • Telescopio en la noche oscura, 1993.
  • Antología nueva, 1996.
  • Salmos, 1998.
  • Cántico cósmico, 1999.
  • Epigramas, 2001.
  • Versos del Pluriverso, 2005.
  • El Evangelio en Solentiname, 2006.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Las ínsulas extrañas, 2002.
  • Correspondencia (1959-1968) con Thomas Merton, 2003.
  • La revolución perdida, 2004.
  • Vida perdida, 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 laicismo, Religión y. "El papa Francisco rehabilita al cura Ernesto Cardenal, suspendido por apoyar la teología de la liberación en Nicaragua". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-02-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]