17 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 17 de novembro é o 321º día do ano no Calendario Gregoriano e o 322º nos anos bisestos. Quedan 44 días para rematar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1558 - Isabel I é coroada Raíña de Inglaterra.
- 1796 - en Italia ―no marco das guerras napoleónicas― librase a batalla da ponte de Arcole, na que os franceses derrotan aos austríacos.
- 1869 - Inaugúrase o Canal de Suez.
- 1903 - O Dahomey (actual Benín) convértese en protectorado francés.
- 1918 - Comeza a Asemblea Nazonalista de Lugo.
- 1954 - O xeneral Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto.
- 1970 - O robot soviético Lunokhod 1 aterra na Lúa, converténdose no primeiro dispositivo por control remoto en pousarse nun corpo celeste.
- 1983 - Fúndase o Exército Zapatista de Liberación Nacional.
- 1989 - Comeza en Checoslovaquia a Revolución de Veludo.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 9 - Vespasiano, emperador romano (m. 79).
- 1645 - Nicolas Lémery, químico francés (m. 1715).
- 1749 - Nicolas Appert, inventor francés (m. 1841).
- 1790 - August Ferdinand Möbius, matemático alemán (m. 1868).
- 1866 - Voltairine de Cleyre, escritora anarquista e feminista estadounidense (m. 1912).
- 1878 - José María Blanco Gerpe, sacerdote e antropólogo galego (m. 1957).
- 1887 - Bernard Law Montgomery, mariscal do Reino Unido (m. 1976).
- 1896 - Lev Vygotski, psicólogo soviético (m. 1934).
- 1902 - Eugene Wigner, físico húngaro, Premio Nobel (m. 1995).
- 1902 - Mario Soldati, director de cinema italiano (m. 1999).
- 1912 - Ramiro Alfonso Castro Dono, mestre, escritor e político galego (m. 1969).
- 1919 - Francisco Río Barxa, xeógrafo e escritor galego (m. 2011).
- 1921 - Olivier Clément, escritor e teólogo francés (m. 2009).
- 1923 - Aristides Pereira, político de Cabo Verde (m. 2011).
- 1925 - Rock Hudson, actor de cinema estadounidense (m. 1925).
- 1928 - Arman (Armand Pierre Fernández), pintor e escultor franco-americano (m. 2005).
- 1942 - Martin Scorsese, director cinematográfico norteamericano.
- 1944 - Danny DeVito, actor estadounidense.
- 1949 - Nguyễn Tấn Dũng, primeiro ministro do Vietnam.
- 1954 - Tucho Calvo, xornalista e escritor galego.
- 1962 - Carlos Quintáns Eiras, arquitecto galego.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1494 - Giovanni Pico della Mirandola, humanista e pensador italiano (n. 1463).
- 1858 - Robert Owen, empresario e socialista galés (n. 1817).
- 1917 - Auguste Rodin, escultor francés (n. 1917).
- 1935 - Eladio Fernández Diéguez, xornalista e político galego (n. 1865).
- 1959 - Heitor Villa-Lobos, compositor musical brasileiro (n. 1887).
- 1962 - Elpidio Villaverde, político galego (n. 1887).
- 1970 - María Carmen Corredoira Ruiz, pintora galega (m. 1893).
- 1990 - Robert Hofstadter, físico norteamericano, Premio Nobel de Física (n. 1915)
- 2000 - Louis Eugène Félix Néel, físico francés, Premio Nobel (n. 1904)
- 2002 - Abba Eban, político e diplomático israelí.
- 2013 - Doris Lessing, escritora británica (n. 1919).
- 2021 - Darío Xohán Cabana, escritor galego (n. 1952).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial do Meniño Prematuro [1], aquel nacido antes das 37 semanas de xestación.
- Día Internacional dos Estudantes.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santa Isabel de Hungría, relixiosa; Santo Uxío de Florencia, diácono; San Gregorio de Tours bispo; Santa Hilda, abadesa; Santa Vitoria; Santo Acisclo; San Filipe, apóstolo e mártir.