Saltar ao contido

Carlos Quintáns Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Quintáns Eiras
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Senande Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 174386 BNE: XX1705947 BUSC: quintans-eiras-carlos-1962

Carlos Luís Quintáns Eiras, nado en Senande (Muxía) en 1962, é un arquitecto galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de Arquitecto en 1987 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, onde é profesor no departamento de Construcións Arquitectónicas[2] dende 1990. Foi profesor de proxectos na Escola Internacional de Arquitectura de Cataluña de Barcelona dende o ano 2002 ata o 2005. Codirector da revista Tectónica dende 1995 e codirector da revista Obradoiro dende 2006, tamén da revista Archives dende 2018 e de Universum dende 2022. Formou parte do estudio Quintáns Raya Crespo cos arquitectos Antonio Raya de Blas e Cristóbal Crespo González ata o ano 2002. León de ouro na Bienal de Venecia no ano 2016. Secretario dende o inicio do premio Enor. Dirección artística de 12 miradas. Coordinación científica de 12miradas. Exposición Siza na Fundación Gulbenkian de Lisboa en 2024 e Programa de arquitectura da Bienal de Coimbra 2024[3]

Obras destacadas

[editar | editar a fonte]
  • León de Ouro na Bienal de Venecia 2016.
  • XV Premios COAG. Categoría Divulgación e investigación. A Cidade Intuida.
  • Premio FAD de opinión pola casa en Paderne no ano 2011.
  • Mención especial Bienal Arquitectura española 2011.
  • Seleccionado premio Mies Van der Rohe 2011.
  • Highly Comended 2002 AR+D Emergin Architecture (The Architectural Review)Piscina en Pontedeume.
  • Highly Comended 2001 AR+D Emergin Architecture (The Architectural Review)Cafetería en Balares.
  • Premio COAG Obra Nueva. Piscina de Laracha 2001.
  • Accésit no V Premio Julio Galán Carvajal de Arquitectura (2001) na categoría Obra de nova planta pola obra Cafetería na praia de Balarés[6].
  • Premio no XII Premio COAG de Arquitectura (2006) na categoría Decoración e interiorismo pola obra Reforma de local comercial para MIXING na Coruña[7].
  • Accésit no XII Premio COAG de Arquitectura (2006) na categoría Obra de nova planta pola obra Vivenda en Gandarío[7].
  • Mención especial. VI Muestra de arquitectos jóvenes españoles. Antonio Camuñas. Vivenda Alejandro Vázquez,
  • Premio Julio Galán CarvajalL 1995. Modalidad interiorismo. Pola Sede da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, A Coruña.
  • Premio no Premio COAG de Arquitectura 1994, pola obra: Sede da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, A Coruña.
  1. "Biografía en Scalae.net". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 03 de xuño de 2010.
  2. "Web Departamento de Construcións Arquitectónicas". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 03 de xuño de 2010.
  3. "Anozero | Bienal de Arte Contemporânea de Coimbra" (en inglés). Consultado o 2024-06-20.
  4. Piscina en Laracha, ficha en turgalicia.es
  5. Fotografías da vivenda do fotógrafo Santos-Díez en www.santosdiez.com.
  6. V Premio Julio Galán Carvajal de Arquitectura Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine., www.coag.es.
  7. 1 2 XII Premio COAG de Arquitectura Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine., www.coag.es.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]