José María Blanco Gerpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
José María Blanco Gerpe
Nacemento 17 de novembro de 1878
  Silleda
Falecemento 9 de agosto de 1957
  Buenos Aires
Nacionalidade España
Ocupación sacerdote católico e antropólogo
editar datos en Wikidata ]

José María Blanco Gerpe, nado en Silleda o 17 de novembro de 1878 e finado en Buenos Aires o 9 de agosto de 1957, foi un sacerdote e antropólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á Arxentina, onde comezou os estudos sacerdotais. Regresou a España en 1898 e estudou linguas clásicas. Estudou Filosofía en Tortosa e dedicouse ao ensino no Colexio de San Salvador de Zaragoza. En 1908 continuou cos seus estudos de Teoloxía e foi catedrático de Elocuencia Sagrada e Hebreo. Volveu a América, e en 1913 obtivo a cátedra de Física Experimental en Montevideo e as de Psicoloxía, Cosmoloxía e Ciencias Físicas e Naturais na Universidade Pontificia de Buenos Aires. Fundou a revista El Salvador (1926) e publicou traballos de investigación na revista Estudios. Editou un Canto, en hexámetros e en grego, e un ensaio sobre A Ilíada. Organizou a Academia de Filosofía arxentina e dirixiu a Academia Literaria de La Plata.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La evolución antropológica y Ameghino, 1916.
  • Las ideas preconcebidas y la ciencia, 1919.
  • El diprothomo y la orientación frente-glabelar, 1919.
  • La Antropología y la Ciencia, 1921.
  • Los mártires del Caaró e Yjuhí, 1931.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]