Eladio Fernández Diéguez
Eladio Fernández Diéguez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de marzo de 1865 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 17 de novembro de 1935 |
Lugar de falecemento | Zamora |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
Pai | Ezequiel Fernández Miranda |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eladio Fernández Diéguez, nado na Coruña o 3 de marzo de 1865 e finado en Zamora o 17 de novembro de 1935, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do xornalista Ezequiel Fernández Miranda. Estudou Dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi concelleiro republicano na Coruña. Comezou o seu traballo como xornalista en Murmullos Literarios e El Anunciador. Posteriormente, en Santiago de Compostela fundou El Cupido, traballou como redactor de La Verdad e Gaceta de Galicia, e colaborou con El Ciclón. Novamente na Coruña, colaborou con El Imparcial Coruñés e El Alcance e fundou e dirixiu La Coruña Cómica. Foi director de Tierra Gallega, redactor xefe de El Telegrama e tivo unha sección propia en La Voz de Galicia. Na súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Dirixiu Diario de Huelva, ademais de colaborar en diferentes xornais americanos.
Obras[editar | editar a fonte]
- Para una noche (Historias y cuentos de miga), 1887.
- Parábolas, 1920.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eladio Fernández Diéguez ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Fernández Diéguez, Eladio", Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo.