Abba Eban
Abba Eban | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1915 |
Lugar de nacemento | Cidade do Cabo |
Falecemento | 17 de novembro de 2002 |
Lugar de falecemento | Tel Aviv |
Soterrado | Kfar Shmaryahu Cemetery |
Nacionalidade | Israel |
Alma máter | Pembroke College, Queens' College, Cambridge, Universidade de Cambridge e St Olave's and St Saviour's Grammar School |
Ocupación | político, diplomático, escritor e historiador |
Cónxuxe | Suzy Eban |
Fillos | Eli Eban |
Premios | Prêmio Israel |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abba Eban (אבא אבן), nado como Aubrey Solomon Eban en Cidade do Cabo o 2 de febreiro de 1915 e finado o 17 de novembro do 2002, foi un político e diplomático israelí.
Eban residiu en Inglaterra dende a infancia, estudou en Cambridge, e serviu co exército británico durante a segunda guerra mundial, realizando misións de enlace entre os aliados e os Yishuv de Palestina, onde se estableceu despois da guerra.
Logo da creación do Estado de Israel foi o primeiro representante israelí na ONU e embaixador israelí nos Estados Unidos. Entre 1966 e 1974 foi o ministro de exteriores de Israel, defendendo o país durante a Guerra dos seis días, malia iso foi un dos valedores da devolución de territorios a cambio de paz.
En 1988, despois de tres décadas na Knesset, perdeu o seu escano a causa das divisións internas no Partido Laborista
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abba Eban |