Arman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arman (1973) by Erling Mandelmann.jpg
Avalanch (1990), campus da Universidad de Tel-Aviv.

Armand Pierre Fernández, coñecido artisticamente como Arman, nado en Niza o 17 de novembro de 1928 e finado en Nova York o 22 de outubro de 2005, foi un pintor e escultor franco-americano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde a infancia, Arman, familiarizouse cos obxectos da tenda de antigüidades do seu pai. Neno brillante comezou a pintar os 10 anos e estudou na Escola de artes decorativas de Niza. En 1949 pasou á Escola do Louvre en París, foi un dos fundadores do grupo Nouveau Réalisme en 1960 e en 1961 realizou a súa primeira exposición en Nova York.

Arman é un dos creadores máis prolíficos e experimentais do século XX. É coñecido polos seus "amoreamentos", aínda que cuestionou as visións tradicionais sobre a natureza da arte nunca abandonou o sentido da beleza na composición que estivera presente desde a antigüidade.