Nguyễn Tấn Dũng
Nguyễn Tấn Dũng | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de novembro de 1949 |
Lugar de nacemento | Ca Mau |
Nacionalidade | Vietnam |
Etnia | Pobo vietnamita |
Ocupación | político e militar |
Fillos | Nguyễn Thanh Nghị |
Premios | Orde de José Martí |
Na rede | |
http://nguyentandung.chinhphu.vn | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nguyễn Tấn Dũng, nado en Cà Mau o 17 de novembro de 1949, é un antigo militar e político vietnamita, primeiro ministro do seu país desde o 27 de xuño de 2006[1][2] .
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no sur de Vietnam, uniuse ao Vietcong con doce anos, realizando tarefas de enlace de comunicacións. Entrou no exército en 1961, ferido catro veces durante a Guerra de Vietnam. Estudou na escola do partido Nguyen Ai Quoc,[3] admitíndoo o Partido Comunista de Vietnam como militante o 10 de xuño de 1967, co grao de tenente foi comisario político xefe do batallón de infantería 207 e xa como capitán xefe político do Rexemento de Infantaría 152. Ascendido a maior dirixiu a oficina de persoal do comando militar da provincia de Ken Gian.[4]
Carreira política[editar | editar a fonte]
Protexido tanto polo conservador Lê Đức Anh como polo reformista Võ Văn Kiệt, converteuse no membro máis novo do Politburó en 1996.[5] Serviu como viceprimeiro ministro desde o 29 de setembro de 1997 ata o 27 de xuño de 2006 e foi tamén gobernador do Banco Estatal de Vietnam entre 1998 e 1999.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vietnam: Foreign Policy and Government Guide International Business Publications, USA. – 2007 Page 8 "Vietnamese Government Communist state – general secretary Nông Ðức Mạnh – President Nguyễn Minh Triết – Prime Minister Nguyễn Tấn Dũng "
- ↑ Bruce M. Lockhart, William J. Duiker The A to Z of Vietnam, 2010, p.274
- ↑ Lao Voices (ed.). "Biography of H.E. Mr. Nguyen Tan Dung". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2012.
- ↑ "Nguyen Tan Dung re-elected Prime Minister". en.nhandan.vn (en inglés). Consultado o 2022-02-20.
- ↑ "Vietnam's Search for Stability". The Diplomat. 25 de outubro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.