Saltar ao contido

Nicolas Lémery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicolas Lémery

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1645 Editar o valor en Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1715 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Caen (pt) Traducir
Jardim das Plantas de Paris (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico , médico , farmacéutico Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresChristoph Jacob Glaser Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohann Gottlob Spitzley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX997858


Nicolas Lémery, nado o 17 de novembro de 1645 en Rouen e finado o 19 de xuño de 1715 en París, foi un químico francés, o primeiro en desenvolver teorías sobre as reaccións ácido-base, no ano 1680. Clasificou as substancias en tres grupos: mineral, vexetal e animal. Describiu un método para obter ácido sulfúrico. Explicou os incendios subterráneos, terremotos, tronos e relampos.

Fillo dun avogado protestante, procurador do parlamento de Normandía, iniciou a súa formación como aprendiz de farmacia á idade de 15 anos baixo as ordes dn mestre boticario, Pierre Duchemin, un seu tío materno, que se comprometeu a darlle "bebida, comida, lume, cama e apousento, e mostrarlle a mencionada arte e oficio".[1]

Vida e obras

[editar | editar a fonte]
Utensilios de Lémery no seu laboratorio.
Tradución inglesa do Cours de Chymie, de Lémery.

Lémery aprendeu as operacións farmacéuticas durante os seis anos que permaneceu como aprendiz na botica do seu tío e, a continuación, realizou o tradicional compagnonnage, unha viaxe de estudos que permitía aos aprendices completar a súa formación visitando boticas doutras poboacións da súa contorna, dirixíndose a París, onde traballou con Christophe Glaser, que neses anos se encargaba das clases de química impartidas no Xardín Botánico de París. Máis tarde dirixiuse a Montpellier e puido seguir algúns cursos na súa Facultade de Medicina.

Tras o seu paso por Montpellier, Lémery foi de novo a París, en 1672 para colaborar cun distinguido boticario da familia real que lle permitiu dispoñer dun rico laboratorio e comezar a impartir uns cursos de química que pronto o farían famoso. Non só asistiron ás súas clases os aprendices de boticario ou os médicos e os farmacéuticos en exercicio, como fora habitual nas décadas anteriores. Tamén figurou entre os seus oíntes algúns representantes da nobreza parisiense, incluíndo un notábel grupo de damas da corte, tal e como relataron algúns asistentes sorprendidos ante o que non tardaría en transformarse nunha das características da ciencia da Ilustración, a ampla popularidade das demostracións experimentais.

Alí obtén o título de mestre de farmacia en 1674 e o cargo de boticario do rei. Esta última circunstancia permitiulle ter independencia económica, e crea o seu propio laboratorio nun soto na rue Galand, onde impartiu numerosos cursos de química

Para dar a coñecer mellor as súas leccións de química, Lémery publicou, en 1675 o seu Cours de Chymie, obra que durante máis de cen anos constituíu a suprema autoridade química en Europa. Este libro tivo un enorme éxito. Segundo Fontanelle, era "unha ciencia totalmente nova que saía á luz e que despertaba a curiosidade das mentes”,[2] unha ciencia finalmente desembarazada de toda referencia a cualidades ocultas, de toda xíria bárbara e tenebrosa. Vendeuse sempre, segundo Fontanelle, como se se tratase dun libro de galantería ou de sátira, e traduciuse ao latín, alemán, inglés, español e italiano.[3]

Achábase entón Lémery no cumio da súa gloria científica e económica, e por iso rexeitou o ofrecemento do elector de Brandeburgo para ir a Berlín como catedrático de química. Pero pronto empezou a sufrir persecucións relixiosas pola súa condición de protestante, coa prohibición expresa de dedicarse á ensinanza e de exercer a farmacia.

Marchou en primeira instancia a Londres, de onde regresou en 1683 para doutorarse en Medicina en Caen ao final dese mesmo ano.

Dedicouse entón a exercer a medicina en París, até que o edicto de Nantes estende aos médicos protestantes a prohibición de exercer a profesión. Con 40 anos e sen recursos económicos, Lémery non ten outra alternativa que converterse ao catolicismo con toda a súa familia, e así, en 1686, o rei Lois XIV permitiulle restablecer o seu laboratorio de química en París e reabrir a súa botica. Esta última circunstancia non sen unha forte oposición dos seus colegas.

En 1699 reorganízase a Academia de Ciencias de París, e Lémery figurará entre os académicos asociados, anunciando o seu proxecto de estudar a fondo o antimonio en busca de medicamentos útiles, que culminará coa publicación do seu Tratado do antimonio (1707).

Morreu uns poucos anos máis tarde, o 19 de xuño de 1715, en París, tras sufrir fortes ataques de parálise e apoplexía. No eloxio fúnebre que lle dedicou Fontanelle, secretario da Academia de Ciencias, recoñecía de Lemery que "a maior parte de Europa aprendeu química de el, e a maioría dos grandes químicos franceses e estranxeiros lle renderan homenaxe polas súas ensinanzas".

Algunhas ideas

[editar | editar a fonte]
Interacción dun ácido cun álcali, segundo Lémery.

Lémery opúxose á alquimia e expuxo moitos dos seus trucos, o que el chamou a arte sen arte, o principio da mentira, o medio labor. Definiu á química como "unha arte que ensina como separar as diferentes substancias que se encontran nun composto".

Recoñeceu cinco principios, tres activos (espírito do mercurio, aceite ou xofre e sal) e dous pasivos (auga ou flegma e terra).[4]

Lémery usou a teoría corpuscular como base para dicir que consideraba que os ácidos, un dos principios activos, estaban formados por un conxunto de partículas aguzadas en movemento, mentres que os álcalis posuían zonas porosas nas que as puntas dos ácidos podían penetrar. Como resultado, os ácidos quebraban a resistencia dos álcalis e ocorría unha violenta reacción.[5]

Lémery realizou unha serie de experiencias, que no seu conxunto foron habitualmente designadas polos autores do século XVII como a experiencia do volcán de Lémery.

Na presentación inicial do traballo de Lemery nas Mémoires de la Académie des Sciences francesa, afírmase que o mellor método para explicar a natureza é facela representar; isto fai posíbel producir no laboratorio os mesmos efectos a través de causas semellantes.

En verdade Lémery non realizou unha soa experiencia, como recentemente se afirmou polos autores que o citan, senón un conxunto de experiencias diferenciadas pola introdución dalgunhas alteracións nas condicións experimentais.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Cours de chymie, contenant la manière de faire les opérations qui sont en usage dans la médecine, par une méthode facile, avec des raisonnements sur chaque opération, pour l’instruction de ceux qui veulent s’appliquer à cette science (1675). Texto en liña (en francés)
  • Pharmacopée universelle, contenant toutes les compositions de pharmacie qui sont en usage dans la médecine, tant en France que par toute l’Europe: leurs vertus, leurs doses, les manières d’opérer les plus simples et les meilleures : avec un lexicon pharmaceutique, plusieurs remarques, et des raisonnemens sur chaque opération (1697) Texto en liña vol. 1 (en francés) Texto en liña vol. 2 (en francés)
  • Dictionnaire universel des drogues simples, contenant leurs noms, origine, choix, principes, vertus, étymologie, et ce qu’il y a de particulier dans les animaux, dans les végétaux et dans les minéraux (1698)
  • Traité de l’antimoine, contenant l’analyse chymique de ce minéral et un recueil d’un grand nombre d’opérations rapportées à l’Académie royale des sciences (1707).
  1. Revolución química. Priotagonistass da revolución. Nicolas Lémery (en castelán)
  2. Duhem, Pierre (1902): L'évolution de la mécanique, páx. 25
  3. Bensaude, Bernadette & Vincent e Isabelle Stengers (1997): Historia de la química, versión en español de Encarnacion Hidalgo, páxs. 34, 35, 40. Addison-Wesley Iberoamericana, España.
  4. Partington. J. R. (1962): A History of Chemistry volume 3, páxs. 28-40. London: MacMillan & Co. Ltd.
  5. Contribución a la química en el s. XVI y XVII (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bougard, Michel (1999): La Chimie de Nicolas Lemery. Turnhout. Brepols.
  • Bourzat, Jean-Dominique (2005): Lecture contemporaine du Cours de Chymie de Nicolas Lemery. Lión: Editions du Cosmogone.
  • Dorveaux, Paul (1931): "Apothicaires membres de l'Académie royale des sciences. VI, Nicolas Lémery" en Revue d'Histoire de la Pharmacie, 75, páxs. 208-219.
  • Giron, Didier (1986): Nicolas Lemery, 1645-1715, Tese de doutoramento en Farmacia, Paris V, Université René Descartes. [1] (en francés)