16 de xuño
Aparencia
<< | Xuño | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
2024 Todos os días |
O 16 de xuño é o 167º día do ano do calendario gregoriano e o 168º nos anos bisestos. Quedan 198 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1809 - Guerra da Independencia española: batalla de Elviña, na que as tropas francesas derrotan á británicas, falecendo o seu xeneral, John Moore.
- 1846 - Pío IX é escollido Papa.
- 1940 - Instálase un goberno comunista en Lituania.
- 1940 - Philippe Pétain, primeiro ministro de Francia.
- 1976 - As manifestacións dos habitantes de Soweto, un poboado de Xohanesburgo, provocadas pola miseria e o paro, dexeneran en violentos enfrontamentos.
- 1989 - Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith descobren a lúa do planeta Neptuno, Proteo, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2; a data outorgada ó descubrimento é unha "especie de media", xa que no anuncio do descubrimento da lúa feito por estes dous astrónomos o 7 de xullo do 1989 (IAUC 4806), falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data inicial do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1142 - Emperador Konoe, emperador nipón (m. 1155).
- 1313 - Giovanni Boccaccio, escritor e poeta italiano (m. 1375).
- 1801 - Julius Plücker, matemático alemán (m. 1868).
- 1823 - Xerónimo, xefe dos indios chiricahuas de Norteamérica.
- 1874 - Arthur Meighen, político canadense (m. 1960).
- 1875 - José Martínez de Velasco, avogado e político español (m. 1936).
- 1876 - José Goyanes Capdevila, médico galego (m. 1964).
- 1878 - Albert Thomas, político francés (m. 1932).
- 1890 - Stan Laurel, O Fraco, actor británico de cine cómico, que con Oliver Hardy protaganizaban a parella cómica "O gordo e o fraco".
- 1897 - Georg Wittig, químico alemán (m. 1987).
- 1902 - Barbara McClintock, xenetista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1983.
- 1910 - Juan Velasco Alvarado, militar e político peruano (m. 1977).
- 1938 - Joyce Carol Oates, escritora estadounidense.
- 1947 - Fernando Ónega, xornalista lucense.
- 1948 - Leopoldo María Panero, poeta español (m. 2014).
- 1950 - Bernardo Castelo Álvarez, historiador da arte galego (m. 2006).
- 1952 - Georgios Papandreu, político grego.
- 1960 - Xosé Manuel Eyré, crítico literario e escritor galego.
- 1971 – Tupac Shakur, cantante de rap estadounidense (m. 1996).
- 1982 – Missy Peregrym, actriz Canadense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1722 - John Churchill, primeiro duque de Marlborough.
- 1844 - André da Silva Gomes, compositor luso-brasileiro (n. 1752).
- 1848 - Lois II de Hesse, Gran Duque de Hesse e do Rin.
- 1911 - Ramón Bernárdez González, sacerdote e escritor galego (n. 1838).
- 1934 - Manuel Lezón Fernández, avogado e político galego (n. 1854).
- 1939 - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (n. 1880).
- 1944 - Marc Bloch, historiador francés.
- 1958 - Imre Nagy, político húngaro (n. 1896).
- 1970 - Elsa Triolet, escritora francesa de orixe rusa (n. 1896).
- 1977 - Wernher von Braun, enxeñeiro e físico xermano-estadounidense.
- 1979 - Nicholas Ray, director cinematográfico estadounidense.
- 1989 - Antonio Román, director e guionista de cine galego (n. 1911).
- 2004 - Antón Tovar, poeta galego (n. 1921).
- 2008 - Mario Rigoni Stern, escritor italiano (n. 1921).
- 2017 - Helmut Kohl, político alemán (n. 1930).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santo Aureliano de Arles, bispo; San Ferreol, mártir;Santa Lutgarda, relixiosa.