Leopoldo María Panero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leopoldo María Panero Blanc, nado en Madrid o 16 de xuño de 1948 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 5 de marzo de 2014, foi un poeta castelán, encadrado na poesía española contemporánea dentro do grupo dos novísimos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do poeta Leopoldo Panero (1909-1962) e Felicidad Blanc, sobriño do poeta Juan Panero (1908-1937) e irmán dos tamén poetas Juan Luis Panero (1942-) e Michi Panero (1951-2004).

Panero é o arquetipo dun "malditismo" cultivado tanto como repudiado, pero ese malditismo non lle impediu ser o primeiro membro da súa xeración en incorporarse á nómina de clásicos da editorial Cátedra, contar cunha biografía de J. Benito Fernández (El contorno del abismo) e inserirse na Historia literaria, nas antoloxías e nos programas académicos.

Xa de novo, ao igual que tantos descendentes dos prohomes do réxime franquista, sentiuse fascinado pola esquerda radical. A súa militancia antifranquista constituíu o primeiro dos seus grandes desastres, reportándolle a súa primeira estancia en prisión. Ten unha formación Humanista, estudou Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e Filoloxía Francesa na Universidade Central de Barcelona. Daqueles anos son tamén as súas primeiras experiencias coas drogas. Desde o alcohol até a heroína, á que dedicou unha impresionante colección de poemas en 1992, ningunha lle foi descoñecida. Na década de 1970 foi ingresado por vez primeira nun psiquiátrico. Porén, as súas constantes reclusións non lle impediron levar a cabo unha copiosa bibliografía non só como poeta, senón tamén como tradutor, ensaísta e narrador. A finais da década de 1980, cando por fin a súa obra acadou o aplauso da crítica entendida, decidiuse que ingresase de xeito permanente no psiquiátrico de Arrasate. Porén, case dez anos despois estableceuse, por propia vontade, na Unidade Psiquiátrica de Las Palmas de Gran Canaria. A vida deste poeta e o seu contorno familiar sempre desataron curiosidade no ámbito cultural, como amosa a película de Jaime Chávarri El desencanto (1974), un documental que reflicte como era a súa familia, en plena desintegración do franquismo, acomodada e intelectual, pero tamén desmembrada, autoritaria e na que a figura paterna pesaba aínda coa súa ausencia. Na década de 1990 Ricardo Franco fixouse de novo na familia Panero para filmar Después de tantos años, pero esta vez sen a presenza da nai, xa falecida. En 2003 concedéuselle o Premio Estaño de Literatura por unha antoloxía poética de Túa Blesa, publicada dous anos antes.

Obra poética[editar | editar a fonte]

  • Por el camino de Swan (1968).
  • Así se fundó Carnaby Street (Ocnos, 1970). A partir deste poemario a melancolía dos mitos da súa infancia corre parella a un experimentalismo apaixonado.
  • Teoría (Lumen, 1973).
  • Narciso en el acorde último de las flautas (Visor, 1979).
  • Last River Together (Ayuso, 1980).
  • El que no ve (La banda de Moebius, 1980).
  • Dioscuros (Ayuso, 1982).
  • El último hombre (Ediciones Libertarias, 1984).
  • Antología (Madrid.Ediciones Libertarias, 1985).
  • Poesía 1970-1985 (Visor, 1986).
  • Contra España y otros poema de no amor (Ediciones Libertarias, 1990).
  • Agujero llamado Nevermore (Selección poética, 1968-1992) (Cátedra, 1992).
  • Heroína y otros poemas (Madrid. Libertarias, 1992).
  • Piedra negra o del temblar (Madrid. Libertarias,1992).
  • Orfebre (Madrid. Visor, 1994).
  • Tensó (Ediciones Hiperion 1996). Con Claudio Rizzo.
  • El tarot del inconsciente anónimo (Valdemar. 1997).
  • Guarida de un animal que no existe (Visor.1998).
  • Abismo (Ediciones Endimión 1999).
  • Teoría lautreamontiana del plagio (Límite 1999).
  • Poemas del Manicomio de Mondragón (Hiperión, 1999).
  • Suplicio en la cruz de la boca (El Gato Gris, Ediciones de Poesía, 2000).
  • Teoría del miedo, (Igitur, 2000).
  • Poesía Completa (1970-2000) (Visor, 2001).
  • Águila contra el hombre : poemas para un suicidamiento (Valdemar, 2001).
  • Me amarás cuando esté muerto (Lumen. 2001). Con José Águedo Olivares.
  • ¿Quién soy yo?: apuntes para una poesía sin autor (Pre-Textos. 2002). Con José Águedo Olivares.
  • Buena nueva del desastre (Scio, Lugo, 2002).
  • Poemas del manicomio del Dr. Rafael Inglot (Valdemar. 2002).
  • Conversación (Nivola. 2003).
  • Esquizofrénicas o la balada de la lámpara azul (Hiperión, 2004).
  • Erección del labio sobre la página (Valdemar. 2004).
  • Danza de la muerte (Igitur, 2004).
  • Moviedisco Colección Lcd El Europeo. Cd Libro con Carlos Ann, Bunbury, José María Ponce e Bruno Galindo; Barcelona: Moviedisco, D.L. 2004).
  • Poemas de la locura seguido por El hombre elefante (2005).
  • Presentación del superhombre (Valdemar Ediciones, S.A. 2005). Con Félix Caballero
  • Páginas de excremento o dolor sin dolor (Editorial Azotes Caligráficos, 2008. Edición manuscrita con debuxos do propio autor)
  • Sombra (Huerga y Fierro editores, S.L.U. 2008)
  • Conjuros contra la vida (Ed. Festival Internac. de Cine de LPGC), 2008, dentro do volume Después de Tantos Desencantos. Vida y Obra Poéticas de los Panero de Federico Utrera.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • En lugar del hijo (Tusquets, 1976), libro de relatos fantásticos.
  • Dos relatos y una perversión (Ediciones Libertarias, 1984).
  • Palabras de un asesino, (Ediciones Libertarias, 1999).
  • Los héroes inútiles, epistolario con Diego Medrano, (Ellago Ediciones, 2005)
  • Papá, dame la mano que tengo miedo, (Cahoba Ediciones, 2007)
  • Cuentos completos, recopilados por Túa Blesa, (Madrid, Editorial Páginas de Espuma, 2007). ISBN 978-84-95642-95-0.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Mi cerebro es una rosa, (Roger, 1998).
  • Prueba de vida. Autobiografía de la muerte, (Huerga y Fierro, 2002).

Dun ou outro xeito, todas as súas páxinas, mesmo as súas traducións, son autobiográficas. De feito, as claves da súa obra son a autocontemplación e a (auto)destrución. Non obstante, como xa sinalou Pere Gimferrer en 1971, o tema da súa poesía "non é a destrución da adolescencia: é o seu triunfo, e con el a destrución e a disgregación da conciencia adulta". Liberar a adolescencia como enerxía emocional, creándose unha mitoloxía propia, non oficial, é a actitude asumida desde o comezo por Panero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]