Nicholas Ray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nicholas Ray
Zsa Zsa Gabor - Ray - 1953.jpg
Nome completo Raymond Nicholas Kienzle
Nacemento 7 de agosto de 1911
Lugar Galesville, Wisconsin
Falecemento 16 de xuño de 1979 (67 anos)
Lugar Nova York
Causa Cancro de pulmón
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s) Jean Evans (1936-1940)
Gloria Grahame (1948-1952)
Betty Utley (1958-1964)
Susan Schwab (1969-1979)
Profesión Director
editar datos en Wikidata ]

Raymond Nicholas Kienzle, nado en Galesville (Wisconsin) o 7 de agosto de 1911 e finado en Nova York o 16 de xuño de 1979 foi un director de cinema estadounidense, coñecido como Nicholas Ray.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudante errático con tendencia á delicuencia e ao alcoholismo, pasou parte da súa adolescencia coa súa irmá máis vella en Chicago. No instituto amosou a súa capacidade de oratoria, conseguindo tamén boas notas en inglés, pero fracasando noutras materias, o que o levou a graduarse no posto 152 dunha promoción de 153 alumnos. Comezou a estudar na University of Chicago en 1931, pero só estivo un semestre polas malas notas e o exceso da bebida. Porén, fixo amizade con Frank Lloyd Wright e Thornton Wilder.

En 1946 dirixiu a súa primeira e única obra de Broadway, Beggar's Holiday, musical de Duke Ellington. O ano seguinte dirixiu o seu primeiro filme, que non obstante tardou dous anos en ser estreado polas caóticas condicións de Howard Hughes.

A súa etapa máis produtiva e triunfal foi na década de 1950, na que dirixiu as súas obras máis recoñecidas, Johnny Guitar e Rebelde sen causa. Porén, os seus problemas coas drogas e o alcohol acabaron por apartalo de Hollywood. Tras desmaiarse durante a rodaxe de 55 días en Pequín en 1963 foi despedido e non volveu dirixir ata mediados da década de 1970.

Pouco tempo antes da súa morte colaborou con Wim Wenders en Lightning Over Water, obra semidocumental sobre o propio Ray.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título
1949 Os amantes da noite
1949 Chamade a calquera porta
1949 Un segredo de muller
1949 Roseanna McCoy
1950 In a Lonely Place
1950 Nacida para o mal
1951 Flying Leathernecks
1952 A casa en sombras
1952 Macao
1952 The Lusty Men
1954 Johnny Guitar
1955 Procura o teu refuxio
1955 Rebelde sen causa
1956 Hot Blood
1956 Bigger Than Life
1957 The True Story of Jesse James
1957 Amère victoire
1958 Party Girl
1960 The Savage Innocents
1961 King of Kings
1963 55 días en Pequín
1976 We Can't Go Home Again
1978 Marco
1980 Lightning Over Water

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]