Mario Rigoni Stern
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de novembro de 1921 Asiago, Italia |
| Morte | 16 de xuño de 2008 Asiago, Italia |
| Lugar de sepultura | Asiago |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Regio Esercito (pt) |
| Rango militar | sarxento maior |
| Conflito | batalla de Francia |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Mario Rigoni Stern, nado o 1 de novembro de 1921 en Asiago e finado o 16 de xuño de 2008, foi un escritor italiano e veterano da segunda guerra mundial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1938 ingresou como voluntario na escola militar de alpinismo en Aosta, durante a segunda guerra mundial combateu na división Tridentine en Grecia, Francia, Albania e Rusia, prisioneiro dos alemáns despois que Italia asinase o armisticio de Cassibile (8 de setembro de 1943) pasou dous anos nun campo de concentración.
A súa primeira obra, Il sergente nella neve publicouse en 1953 e a partir da súa propia experiencia como sarxento durante a desastrosa retirada do exército italiano de Rusia. Outras obras destacadas son Storia di Tönle (1978) e Ritorno sul Don (1973), a súa produción divídese entre as que se basean nas súas vivencias na guerra e aquelas obras centradas no altiplano véneto como Uomini, boschi e api (1980).