André da Silva Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
André da Silva Gomes
Nacemento15 de decembro de 1752
 Lisboa
Falecemento17 de xuño de 1844
 São Paulo
NacionalidadeBrasil
Ocupacióncompositor
editar datos en Wikidata ]

André da Silva Gomes, nado en Lisboa o 15 de decembro de 1752 e finado en São Paulo o 16 de xuño de 1844, foi un compositor clásico luso-brasileiro, con características da escola do período barroco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe sobre a súa formación musical e cultural. Acredítase que pode ter recibido clases ou, como mínimo, influencia de David Pérez (1711-1778), compositor napolitano de ascendencia española, Mestre da Real Capela Palatina de Palermo, que foi vivir algúns anos a Portugal, como Mestre da Capela Imperial de Lisboa. Pérez desenvolveu actividades pedagóxicas importantes en Portugal. Influente compositor de Opere Série, David Pérez dirixiu toda a vida musical da corte de José I ata o fin da súa vida, influíndo en todos os compositores portugueses do seu tempo.

Non se sabe se André da Silva Gomes xa se tiña mudado para o Brasil ou se veu especialmente para asumir en 1774 o cargo de Mestre de capela da catedral da cidade de São Paulo. Era bispo de São Paulo, na época, Frei Manuel da Ressurreição (bispo de 1771 a 1789). Silva Gomes foi o cuarto mestre a ocupar o cargo na Sé paulistana. Outra versión di que chegou a São Paulo xuntamente con Manuel da Ressurreição, franciscano que foi o terceiro dos bispos da futura Arquidiocese de São Paulo.

O músico era tido como home dinámico e fértil creador, tendo reorganizado o Coro, tan pronto asumiu como comezou a compor pezas para os actos relixiosos da época.

São Paulo, mesmo elevada a cidade en 1711, era aínda moi pobre na segunda metade do século XVIII. Mesmo así fundou unha escola gratuíta de música e organizou unha orquestra que contaba coa participación do organista Inácio Xavier de Carvalho. Consta que en todas as solemnidades, Silva Gomes marcaba a súa presenza.

Non tivo fillos do seu casamento en 1775 con Maria Garcia de Jesus, mas criou unha enteada, alén de adoptar dezaseis crianzas, deulles sobrenome de familia, ensinoulles non só as primeiras letras mas música. Entre eses fillos adoptivos destacáranse Joaquim José da Silva e Antônio Garcia da Silva Gomes, que tamén foron seus discípulos musicais. Antônio, alén de músico, tomou as ordes relixiosas, vindo a ser o futuro capelán da Sé.

En 1789, André da Silva Gomes, tendo ingresado na carreira militar, dirixiu a corporación musical e alcanzou o cargo de tenente coronel. En 1797 foi contratado para o maxisterio, ensinando Gramática Latina. Coa chegada de Pedro I do Brasil a São Paulo en 1822, dirixiu na catedral o Te Deum da súa autoría en homenaxe ao futuro emperador. No día 7 de setembro proclamábase a independencia do Brasil. Na Casa da Ópera, foi André da Silva Gomes o encargado das solemnidades.

Morreu aos 92 anos, na cidade de São Paulo.

Obra[editar | editar a fonte]

Da obra de André da Silva Gomes chegaron ata nós cerca de 130 partituras, de acordo con información do musicólogo Régis Duprat. É Duprat quen afirma: "Os músicos da época colonial exercían a profesión de forma máis avanzada do que poderíamos imaxinar. O Tratado de Contraponto, de André da Silva Gomes, revela regras da composición que un bo músico europeo podería seguir. Os documentos máis antigos das súas composicións datan de 1774. Estas constan de antífonas, cánticos relixiosos, himnos, ladaíñas, misas, nocturnos, ofertorios, oficios fúnebres, oficios da Semana Santa, salmos etc.

A Missa a Cinco Vozes datada no último cuarto do século XVIII, pertence ao período de plena madurez do autor, cando a súa dedicación ás actividades de mestre da capela na Sé de São Paulo era completa. Dividida en once segmentos, entre eles dúas fugas, a peza sitúase nun estilo intermedio entre o Barroco e o Clasicismo. O manuscrito que chegou ata os nosos días é de autoría de Manuel José Gomes, pai do autor de O Guarani, formando parte do Arquivo Carlos Gomes, en Campinas, São Paulo.

Segundo especialistas, a obra prima deste compositor luso-brasileiro é a Missa em C (Misa en Do), que tivo unha recente gravación en CD. O álbum presenta 16 temas con algunhas das súas principais composicións, alén da propia misa, transcrita por Maria Alice Volpe. As músicas son interpretadas polo Brasilessentia Grupo Vocal, sob a dirección do mestre Vítor Gabriel. A súa Misa en 5 Voces está formada por dez segmentos, tres para o Kyrie e sete para o Gloria. O máis destacado é o Cum Sancto Spiritu, que pecha a composición. Os "Nocturnos de Natal", que así eran chamados por seren executados na madrugada de Natal, teñen oito responsorios, todos divididos en allegro, fugato e andante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Missa a cinco vozes, coro, solistas, orquestra. EdUSP. 1 Xaneiro 1999. ISBN 978-85-314-0535-8. Consultado o 14 Xaneiro 2013.