Bruce Hoffman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruce Hoffman nunha conferencia do Foreign Press Center sobre a situación da guerra contra o terrorismo.

Bruce Hoffman é un profesor da School of Foreign Service da Universidade de Georgetown experto en terrorismo e contrainsurxencia. Anteriormente fora director do oficina en Washington do think tank RAND (1998-2006) e o seu vicepresidente para asuntos internacionais (2001-2004) .

Entre os seus libros máis salientables están Inside Terrorism (1998; 2ª edición revisada 2006); e The Failure of Britain's Military Strategy in Palestine, 1939-1947 (1983). Tamén é redactor xefe da revista, Studies in Conflict and Terrorism e editor da colección Columbia Studies in Terrorism and Irregular Warfare publicada pola Columbia University Press.