Ian McDiarmid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian McDiarmid
The Emperor Has No Robes.jpg
Ian McDiarmid no 2007.
Nacemento Ian McDiarmid
11 de agosto de 1944 (70 anos)
Carnoustie, Tayside, Escocia Escocia
Profesión Actor e director de teatro
(1968-presente)
Ficha na IMDb

Ian McDiarmid nado o 11 de agosto de 1944 en Carnoustie, Tayside, Escocia. É un actor e director escocés de teatro, que tamén fixo aparicións esporádicas no cinema e na televisión. McDiarmid tivo unha exitosa carreira no teatro, pero en todo o mundo é recoñecido polo seu máis famoso papel como o Emperador Palpatine nos filmes de Star Wars (nas triloxías orixinais e na precuela). Dende o ano 1976 apareceu en 47 filmes.

Biografía[editar | editar a fonte]

McDiarmid naceu en Carnoustie e converteuse nun afeccionado do teatro á idade de cinco anos, cando o seu pai o levou a ver un acto co nome de Tommy Morgan nun teatro situado en Dundee. No 2004 declarou: "Dalgún xeito fascinoume, e tamén me arrepiaba. Tódalas luces, toda a maquillaxe. Díxenme, 'Non sei o que é isto, pero quéroo'. Por outra banda, por medo á desaprobación do seu pai, McDiarmid asistiu á Universidade de St Andrews, onde recibiu unha mestría en Psicoloxía. Pouco despois, decidiu seguir unha carreira no teatro e tomou cursos de capacitación en calidade na Royal Scottish Academy of Music and Drama en Glasgow. En 1968, McDiarmid recibiu unha medalla de ouro polo seu traballo. Este sería o primeiro de moitos recoñecementos que lle deu o teatro pola súa labor. McDiarmid afirmou que se converteu no seu receptor "facendo tódalas tarefas aburridas que tes que facer cando es novo para gaña-la vida." Agora ten unha exitosa carreira como director de teatro, e dende 1990 até a súa xubilación no 2001 foi director artístico do conxunto Almeida Theatre de Londres en Islington. El e o seu co-director Jonathan Kent reviviron o Almeida e convenceron a moitas estrelas de Hollywood como Kevin Spacey, Ralph Fiennes e Anna Friel a pisar os taboleiros do seu humilde teatro. Gañou o cobizado premio London Evening Standard en 1998 polos seus esforzos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Premio Traballo Resultado
1968 Medalla de Oro do Royal Scottish Academy of Music and Drama Gañador
1982 Premio Laurence Olivier ó mellor actor Insignificance Gañador
1985 Time Out Comedy Award ó mellor director Scenes from an Execution Gañador
1990 Time Out Comedy Award ó mellor director Volpone Gañador
1991 Observer Award polo seu traballo durante dez anos na escea irlandesa Volpone, The Rehearsal, e Betrayal Field Candidato
1995 Manchester Evening News Award ó mellor actor Hated Nightfall Gañador
1998 Special Evening Standard Award pola súa traxectoria Gañador
2001 Critics' Circle Theatre Award ó mellor actor Faith Healer Gañador
2002 Clarence Derwent Award ó mellor actor de reparto Faith Healer Gañador
2004 Manchester Evening News Award ó mellor actor Enrique IV Gañador
2005 Theatregoers' Choice Award ó mellor actor El Rey Lear Gañador
Teen Choice Award ó mellor actor en filme de acción Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith Candidato
2006 Drama League Award por su interpretación Faith Healer Candidato
Theatre World Award á mellor interpretación revelación Gañador

Star Wars[editar | editar a fonte]

Aínda que McDiarmid é ante todo un actor de teatro, considérase feliz de traballar en filmes. Despois dunha pequena aparición na película de Dragonslayer, McDiarmid foi elixido por George Lucas para encarnar ó Emperador Palpatine no Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Dezaseis anos despois volveu a interpretar o papel dun senador máis novo na precuela das películas de Star Wars. El atribúe a oportunidade de repetir o seu papel ó feito de ter sido moito máis novo que a súa personaxe a primeira vez que facía o papel.

Nas precuelas interpreta dos caracteres distintos e volve a crear a súa interpretación diabólica de Palpatine no Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Se ben lograra anteriormente pouco recoñecemento debido ás extensas próteses empregadas para o papel que o facía irrecoñecible, recibiu ampla atención e aclamación da crítica polo seu papel máis amplo nas precuelas.

Tamén traballou en Star Wars como a voz de Palpatine nos videoxogos: Super Star Wars: The Empire Strikes Back, Super Star Wars: Return of the Jedi, Lego Star Wars The Video Game, Lego Star Wars II: The Original Trilogy, Star Wars Battlefront: Renegade Squadron e Star Wars Battlefront: Elite Squadron. Tamén prestou a súa voz a través de audio arquivado no Contrato de cinema de seguidores do mal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]